A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril
  • O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá Cupa Pizarras, en Carballeda de Valdeorras
  • Os apoios, que se tramitarán por orde de solicitude, contan cun orzamento de 2,4 M€ e cinco liñas para avanzar na mellora ambiental e laboral, así como para promover a certificación das empresas desta industria

Carballeda de Valdeorras (Ourense), 26 de marzo de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá Cupa Pizarras, en Carballeda de Valdeorras, onde lembrou que as axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais continúan abertas ata o vindeiro 8 de abril.

O director xeral puxo como exemplo destes apoios as actuacións realizadas por Pizarras O Cortello -do grupo Cupa-, beneficiaria da última convocatoria. En concreto, acometeu a substitución dos motores de aspiración así como actuacións sobre os tubos na nave Valiñas 1; ademais, substituíuse o filtro húmido e reacondicionouse a tubaxe na nave Valiñas 2.

Tal e como explicou o director xeral, nesta convocatória -á que se destina 2,4 M€- haberá cinco liñas destinadas a empresas privadas do sector mineiro, incluído o subsector da auga mineral natural e o de actividades relacionadas co sector mineiro como é a de elaboración de rocha ornamental, así como as que se dediquen á explotación de balnearios e que realicen a súa actividade ou conten con algún centro de traballo en Galicia.

Unha das liñas apoiará os investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico das zonas onde se desenvolve a actividade mineira e, en especial, mediante a redución de emisións de po e ruído. Outras dúas liñas impulsarán investimentos para mellorar as condicións das persoas traballadoras, en especial na redución da exposición ao po e o ruído: unha dirixirase ao sector mineiro en xeral e inclúe, investimentos tamén en redución das vibracións e medidas de seguridade, hixiene industrial e ergonomía; e a outra ao da rocha ornamental. A intensidade da axuda será como máximo do 60% para as pequenas empresas, 50% para medianas e 40% para grandes, cun máximo de 100.000 euros na primeira e segunda liña, e 50.000 para a terceira.

Por outra banda, outorgaranse axudas para mellorar a conservación e xestión sustentable dos acuíferos ou captacións dos aproveitamentos de augas minerais, termais e de manancial. Apoiaranse investimentos que incrementen a protección do recurso hídrico, especialmente as que poidan previr afeccións e a contaminación das contornas de captación. Neste caso a axuda máxima será de 50.000 euros.

Por último, apoiaranse os procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480: 2019 Sistema de Xestión mineira sustentable e UNE 22470: 2019 Sistema de Xestión mineiro, mineirometalúrxica e metalúrxica sustentable, que acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sostible nas empresas deste sector. A axuda máxima será de 3.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23265 {"title":"A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/20240326+DXPernCupa1.jpeg","id":"23265"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23265-xunta-lembra-ourense-continua-aberto-prazo-solicitar-as-axudas-fomentar-sustentabilidade-sector-dos-recursos-naturais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.