A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a praia das Catedrais, que conta xa con case 13.700 reservas para Semana Santa

  • As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á media dos últimos anos, de arredor de 20.000 visitantes
  • Ángeles Vázquez salienta que este espazo natural é un dos grandes reclamos turísticos da Mariña lucense e tamén un dos seus elementos máis singulares, polo que hai que continuar divulgando o seu valor e velando pola súa protección

Ribadeo (Lugo), 26 de marzo de 2024

A Xunta pon en valor o rico patrimonio natural de Galicia e a importancia da súa conservación, especialmente de monumentos como a praia das Catedrais, que neste momento conta xa con preto de 13.700 reservas para poder visitala nesta Semana Santa.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, visitou hoxe este espazo protexido do litoral de Ribadeo, que conta cun plan de conservación desde 2015 que limita o aforo nas épocas de máis afluencia turística para velar pola integridade desta formación xeolóxica. Nesta liña, salientou que As Catedrais é un dos grandes reclamos da Mariña lucense, algo que se volverá constatar esta Semana Santa.

De feito, as reservas rexistradas neste momento -desde o pasado sábado ata o vindeiro luns- roldan xa as 13.700, polo que a previsión é que as cifras finais se acheguen á media dos últimos anos, que é de arredor de 20.000 visitantes. Por tanto, agárdase un bo número de visitas malia que o tempo e as condicións meteorolóxicas non acompañan tanto coma outros anos.

A vicepresidenta segunda en funcións lembrou que o ano pasado foi un exercicio de récord para as Catedrais, pois visitáronas máis de 244.000 persoas, e que as reservas tanto para o xoves como para o venres desta semana están preto de cubrir o aforo diario autorizado polo Executivo galego. 

Ángeles Vázquez incidiu ademais na necesidade de manter o esforzo na divulgación e a educación ambiental para dar a coñecer o amplo patrimonio natural de Galicia ao conxunto da cidadanía. Ao mesmo tempo, engadiu, é importante promover actuacións responsables entre os visitantes para preservar a flora e a fauna existentes na contorna así como protexer formacións xeolóxicas singulares e de incalculable valor como é o caso das Catedrais. Nesa liña, lembrou que está prohibido subir ás rochas, entrar nas furnas e covas ou recoller pedras para evitar o deterioro do monumento natural.

Neste sentido, a responsable autonómica incidiu en que a Xunta está a traballar en cuestións como a mellora e homoxeneización dos sinais instalados nos monumentos naturais co fin de preservar os valores medioambientais mediante a actualización da información e dos carteis con indicacións dirixidas aos visitantes.  

Monumento natural

A praia das Catedrais foi declarada monumento natural no ano 2005 e é unha das tres formacións naturais existentes na actualidade na provincia de Lugo -xunto ao Souto da Retorta (Viveiro) e o pregamento xeolóxico de Campozola-Leixazós (Quiroga)- que teñen esta consideración.

Este espazo tamén conta con outras figuras de protección pois forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) das Catedrais -dentro da Rede Natura 2000-, intégrase na zona núcleo da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terra de Burón -compartida entre Galicia e Asturias- e está catalogada como punto de interese xeolóxico polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

O monumento natural praia das Catedrais ten desde 2014 un plan de ordenación dos recursos naturais e desde 2015 un plan de conservación. Este último establece que durante a tempada alta de afluencia turística -Semana Santa e o verán- é necesario solicitar unha autorización gratuíta da Xunta para acceder ao areal. O obxectivo é controlar o aforo para facer compatible o uso público deste espazo coa preservación dos valores ambientais que motivaron a súa declaración como monumento natural. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23257 {"title":"A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a praia das Catedrais, que conta xa con case 13.700 reservas para Semana Santa","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23257"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23257-xunta-aposta-pola-conservacion-monumentos-naturais-galicia-como-praia-das-catedrais-conta-xa-case-13-700-reservas-semana-santa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.