O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia dotada con 4 M€

Imagen del artículo O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia dotada con 4 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Estas subvencións teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitivinícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sutentable
  • Están baseadas na reconversión varietal para que aquelas explotacións con viñas antigas poidan substituílas por variedades autóctonas, resistentes ás condicións climáticas e que produzan viños de maior calidade demandados no mercado
  • Poderán ser beneficiarias aquelas persoas cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantación de viñedo
  •  O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de abril

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se establecen as bases reguladoras para as achegas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, dotadas cun orzamento de 4.000.000 de euros. Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable. 

A reconversión do viñedo é unha ferramenta estratéxica para a nosa comunidade. Estas achegas baséanse na reconversión varietal, para que aquelas explotacións con viñas antigas poidan substituílas por variedades autóctonas, máis resistentes ás condicións climáticas e que produzan viños de maior calidade e máis demandados no mercado. 

Neste sentido, con estas axudas búscase perfeccionar o cultivo da vide en Galicia para reducir custos e orientarse mellor aos diferentes mercados, potenciando o grao de profesionalización cos conseguintes beneficios económicos para este tipo de explotacións, ao tempo que se promove a remuda xeracional.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas achegas as persoas viticultoras -ou futuras- cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantación de viñedo. A superficie total para as solicitudes que se presenten de forma individual serán de 0,2 hectáreas e de 1 hectárea para aquelas que se presenten de xeito colectivo. 

Serán subvencionables as actuacións relacionadas coa replantación con ou sen sistema de condución, a reconversión de viñedos por cambios de variedade, á mellora de técnicas de xestión e a replantación de viñedos. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 26 de abril. 

Case 14 millóns de euros en cinco anos

Estas achegas convócanse anualmente dende o ano 2018. No período 2018-2023 destináronse preto de 14 millóns de euros para 911 persoas beneficiarias, permitindo actuar nunha superficie de 1.281,46 hectáreas. 

A convocatoria do 2023 resolveuse o mes pasado cun investimento total de catro millóns de euros, que permitiu dar resposta a todas as solicitudes que cumprían os requisitos e beneficiar a 179 persoas. Este orzamento empregarase para reconverter 315 hectáreas de viñedo. 

 

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240326/AnuncioG0426-210324-0001_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23254 {"title":"O DOG publica a convocatoria de 2024 das axudas para a reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia dotada con 4 M€","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/200921_Pte_MRural_RectoralAmandi_Recursos_DCS_08.jpg","id":"23254"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23254-dog-publica-convocatoria-2024-das-axudas-reestruturacion-e-reconversion-vinedo-galicia-dotada-4-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.