A Xunta abre mañá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira

  • A Administración autonómica avanza no impulso deste novo instrumento de política industrial e este será o cuarto plan aberto á opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia abrirá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira que estará dispoñible desde mañá e ata o 15 de abril para recoller a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas relacionadas con este sector.

Esta industria é unha das declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta, xunto coa metalmecánica, a automoción, a construción naval, a industria das TIC e a loxística industrial e supón un 6 % de negocio da industria galega, así como un 10 % do emprego industrial da Comunidade.

Con esta consulta pública, que se activa mañá a través do portal de transparencia e goberno aberto, a Xunta segue avanzando para impulsar este novo instrumento - os plans directores - co que se pretende potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto que corresponda. Con esta xa son catro as consultas públicas abertas: as de automoción e naval, cuxo prazo finaliza hoxe, e a da industria das TIC, aberta ata o vindeiro 8 de abril.

Pretende ser, ademais, unha ferramenta consensuada e baseada no diálogo pois na elaboración de cada plan participará o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados. Antes da súa aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia será necesario o informe do Consello Galego de Economía e Competitividade.

Os distintos plans contarán con medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

Os plans directores, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha estratexia que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23248 {"title":"A Xunta abre mañá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23248"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23248-xunta-abre-mana-consulta-publica-do-plan-director-do-sector-forestal-madeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.