A Xunta imparte charlas sobre protección de vivendas fronte a incendios forestais en parroquias de alta actividade incendiaria do concello ourensán de Muíños

Imagen del artículo A Xunta imparte charlas sobre protección de vivendas fronte a incendios forestais en parroquias de alta actividade incendiaria do concello ourensán de Muíños

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As xornadas divulgativas leváronse a cabo nas parroquias de Requiás e Prado para abordar a protección de vivenda fronte a incendios forestais a través de medidas preventivas en torno á edificación e na xestión dos terreos lindeiros
  • Estas charlas, que se están a facer nas parroquias de alta actividade incendiaria galegas, teñen como obxectivo principal concienciar e sensibilizar á súa poboación sobre os danos que ocasionan os incendios e os riscos que representan

Muíños (Ourense), 25 de marzo de 2024

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, está a levar a cabo unha serie de xornadas divulgativas nas parroquias de alta actividade incendiaria galegas, recollidas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) de 2023, e que se dirixen á poboación en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

No marco desta iniciativa, no Distrito Forestal XV A Limia véñense de levar a cabo dúas charlas nas parroquias de Requiás e Prado, ambas as dúas pertencentes ao concello ourensán de Muíños, para abordar a protección de vivenda fronte a incendios forestais. En concreto, falouse de dous tipos de medidas que son a protección da vivenda en si e, por outro lado, a xestión dos terreos que a rodean.

Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) trasladou aos asistentes algunhas recomendacións, na liña de protexer as vivendas, en aspectos como a limpeza dos canelóns, o emprego de materiais construtivos ignífugos ou a selección, espazamento e mantemento de plantas de xardín -piroxardinería-.

A maiores, sobre a xestión das fincas e terreos que rodean as aldeas e vivendas illadas, afondouse na explicación das medidas a tomar así como as distancias nas cales é obrigatorio a roza e a retirada de determinadas especies arbóreas.

Ao longo deste mes, tamén se celebraron xornadas divulgativas en parroquias de Calvos de Randín -en Calvos- e Baltar, concretamente en Vilamaior da Boullosa. Na vindeira semana ofrecerase outra na parroquia de Randín, no concello de Calvos de Randín.

Sensibilización entre a poboación

Estas charlas teñen como obxectivo principal o de concienciar e sensibilizar á poboación destas parroquias sobre os danos que ocasionan os incendios e os riscos que representan, tanto para as persoas como para os bens, tanto forestais como non forestais.

Así, cada sesión ten unha duración aproximada de entre unha e dúas horas, onde se informa das medidas de prevención e defensa contra os incendios. Tamén se abordan medidas de autoprotección e para protexer as vivendas e as edificacións dos lumes. Con estas accións búscase tamén concienciar á veciñanza das accións de prevención establecidas na Lei de prevención de incendios forestais de Galicia e que son de obrigado cumprimento.

Estas xornadas divulgativas encádranse no programa de formación dirixido á poboación do rural dentro do Plan de formación para o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais 2021-2024.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23244 {"title":"A Xunta imparte charlas sobre protección de vivendas fronte a incendios forestais en parroquias de alta actividade incendiaria do concello ourensán de Muíños","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773459\/240325_charla_PAAI_1.jpg","id":"23244"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23244-xunta-imparte-charlas-proteccion-vivendas-fronte-incendios-forestais-parroquias-alta-actividade-incendiaria-do-concello-ourensan-muinos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.