A Xunta adxudica por 846.000 euros as obras da nova glorieta no Val e da conexión co polígono de Río do Pozo, no concello de Narón

  • A intervención mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación
  • Tamén se executará un novo viario de acceso directo ao polígono de Río do Pozo cunha glorieta de 42 metros de diámetro que unirá a AC-116 coa autovía Ferrol-Vilalba e evitará o paso do tráfico en Santa Margarida
  • As obras comezarán a finais de abril, tendo en conta que hoxe está convocado o acto expropiatorio de formalización das actas de ocupación
  • Esta nova actuación promove a seguridade viaria e tamén facilitará a mobilidade cara ao polígono empresarial, que dá cabida a un centenar de empresas e funciona como motor económico, industrial e comercial de Ferrolterra

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

A Xunta adxudicou por 846.081 euros  a execución das obras dunha nova glorieta no Val e dunha conexión co polígono empresarial de Río do Pozo, no concello de Narón.

As intervencións obxecto deste contrato correspóndense coa construción dunha nova rotonda no Val, no cruce da AC-116 coa estrada da deputación, á altura do quilómetro 4+120; e tamén unha nova glorieta nesta vía autonómica para conectala co polígono de Río do Pozo, no quilómetro 3+360.

Os traballos, adxudicados á empresa Lancer Proyectos y Obras, S.A., comezarán previsiblemente, a finais do mes de abril, tendo en conta que os actos expropiatorios rematan hoxe, coa convocatoria de formalización das actas de ocupación no salón de plenos do Concello coruñés. Os traballos contan cun prazo de execución de 12 meses.

Máis concretamente, a intervención na estrada autonómica AC-116, permitirá ofrecer aos veciños de Narón, especialmente no Val, maior seguridade e comodidade nos seus desprazamentos, ademais de incidir na competitividade de toda esa zona, ao facilitar a mobilidade cara a esta grande área industrial que dá cabida a un centenar de empresas e funciona como un motor económico, industrial e comercial da comarca de Ferrolterra.

En detalle,  a través deste contrato trátase de habilitar esas dúas novas glorietas.  A glorieta norte, na zona do Val, executarase sobre a plataforma existente, realizando ensanches onde sexa necesario e terá 32 metros de diámetro. Mediante esta intervención mellorarase a seguridade viaria nesta zona, substituíndo a actual intersección en cruz con carrís centrais de xiro á esquerda e cuñas de aceleración e desaceleración.

Con respecto á outra intervención, a glorieta sur e novo viario de acceso ao polígono, habilitarase unha rotonda máis grande, de 42 metros de diámetro. Esta glorieta conectará a estrada autonómica AC-116 coa autovía Ferrol-Vilalba a través do polígono. Esta nova conexión está prevista no Plan sectorial da rede viaria de Ferrol e área de influencia, e evitará o paso do tráfico pola vía provincial en Santa Margarida, beneficiando aos veciños.

Estas intervencións completaranse con traballos de drenaxe, coa disposición de tubaxes que permitan dar continuidade á rede actual e a disposición de pozos e sumidoiros para a recollida da auga de escorrenta da estrada.

Cómpre lembrar que a solución contratada para estes dous puntos, coa execución desas 2 glorietas, é a máis acaída, tanto a nivel técnico, como da seguridade viaria e da funcionalidade da propia estrada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23238 {"title":"A Xunta adxudica por 846.000 euros as obras da nova glorieta no Val e da conexión co polígono de Río do Pozo, no concello de Narón","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23238"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23238-xunta-adxudica-846-000-euros-as-obras-da-nova-glorieta-val-e-da-conexion-co-poligono-rio-do-pozo-concello-naron https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.