A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa

Imagen del artículo A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos estanse a desenvolver no río Umia, no rego do Sisto, no rego de Lobeira e nun río innominado, nos seus percorridos polas distintas parroquias destes tres municipios da comarca do Salnés
  • Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude de case 7,2 quilómetros
  • As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos
  • Augas de Galicia continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, o rego do Sisto, o rego de Lobeira, e un río innominado, ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa. 

Estas intervencións estanse a desenvolver nos percorridos destes ríos ao seu paso por distintas parroquias destes tres municipios da comarca do Salnés.

As actuacións desenvólvense ao longo de treitos que suman unha lonxitude total que rolda os 7,2 quilómetros.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de competencia autonómica.

Os traballos contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23227 {"title":"A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa","published_date":"2024-03-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773456\/S1766-Varios-Ribadumia%2C+Vilanova+e+Cambados.jpg","id":"23227"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-24/23227-xunta-executa-actuacions-limpeza-nos-treitos-interurbanos-catro-rios-ao-seu-paso-polos-concellos-ribadumia-cambados-e-vilanova-arousa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.