Fabiola García sinala que o programa Primavera Xove permite a conciliación durante a Semana Santa

  • O Goberno galego pon á disposición da mocidade 600 prazas en albergues e campamentos xuvenís da comunidade para que desfruten de alternativas de ocio educativo

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 23 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, destacou esta mañá que o programa Primavera Xove facilita a conciliación familiar durante a Semana Santa. Fíxoo nunha visita aos mozos que participan nas actividades que se desenvolven no albergue xuvenil das Sinas ao abeiro desta iniciativa.

A través do programa Primavera Xove, a Xunta de Galicia ofrece estadías en albergues xuvenís durante os meses de marzo e abril a persoas con idades entre os 14 e os 30. Trátase de preto de 600 prazas en seis instalacións da comunidade para que a mocidade conte con alternativas de ocio educativo do seu interese e os pais teñan opcións de conciliación durante as fins de semana ou períodos non lectivos como a Semana Santa.

Nas Sinas, os participantes neste programa desfrutan de cinco días de aloxamento en réxime de pensión completa e dunha ampla proposta de actividades acuáticas, de tiro con arco e de obradoiros literarios. Ademais destas instalacións, outros espazos nos que se está a levar a cabo Primavera Xove son os albergues xuvenís Mariña Española (Sada e Bergondo); Lug II (Lugo) e Area (Viveiro); así como os campamentos xuvenís A Devesa (Ribadeo) e Pontemaril (Forcarei).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23223 {"title":"Fabiola García sinala que o programa Primavera Xove permite a conciliación durante a Semana Santa","published_date":"2024-03-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23223"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-23/23223-fabiola-garcia-sinala-programa-primavera-xove-permite-conciliacion-semana-santa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.