A Xunta reafirma o seu compromiso coa ordenación, o fomento e a promoción do sector vitivinícola galego e da súa calidade diferenciada na Festa do Viño de Amandi

  • José González valorou a ampla traxectoria desta celebración, que definiu como referente dentro e fóra da nosa comunidade e como exemplo de dinamización do territorio rural, coa participación este ano dun total de 22 adegas 
  • Mencionou os avances rexistrados a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, como folla de ruta, elaborada da man do sector, para potenciar ao máximo esta riqueza
  • Puxo en valor as diferentes liñas de axudas que xestiona o seu departamento para apoiar o viño galego e que no período 2018-2023 supuxeron un esforzo orzamentario de máis de 40 millóns de euros
  • Salientou as subvencións para o fomento e control da calidade agroalimentaria e o investimento no plan de promoción, que se achega este ano aos 9,5 millóns de euros

Sober (Lugo), 22 de marzo de 2024

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, participou esta tarde na inauguración da XLIV Festa do Viño de Amandi, que se celebra ao longo desta fin de semana no concello lucense de Sober. Neste acto, no que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Luis Fernández, e o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, o conselleiro puxo en valor a calidade dos viños de Amandi en particular e da Ribeira Sacra en xeral, así como dos que se producen no conxunto de Galicia. Unha excelencia que, subliñou, "é froito do traballo e a profesionalidade de viticultores e adegueiros, agrupados nos consellos reguladores".

Nesta mesma liña, José González valorou a ampla traxectoria desta celebración, que acada xa a súa edición número 44 e que, segundo trasladou, é un referente entre os eventos de exaltación do viño dentro e fóra da nosa comunidade, coa participación este ano dun total de 22 adegas. 

Ademais, o conselleiro fixo fincapé no apoio que a Xunta presta a este sector clave do rural galego, tanto a través de accións de ordenación como de fomento e promoción da súa calidade. Así, mencionou os avances rexistrados a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Definiu esta planificación como unha folla de ruta, elaborada da man do sector, para potenciar ao máximo a inmensa riqueza que representa o viño para a nosa comunidade.

Liñas de axudas ao sector

O titular de Medio Rural en funcións referiuse, así mesmo, ás diferentes liñas de axudas que xestiona o seu departamento para apoiar o viño galego e que no período 2018-2023 supuxeron un esforzo orzamentario conxunto de máis de 40 millóns de euros. Empezou polas achegas para a reestruturación e reconversión de viñedo, que acaban de ser activadas pola Xunta e que teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e avanzar na súa sustentabilidade, remarcou. 

Neste sentido, González salientou ademais que estas axudas están dotadas no 2024 cun orzamento de 4 millóns de euros  e que poderán beneficiarse delas as persoas viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantación. Ao tempo, puxo en valor o feito de que, no período 2018-2023, destináronse preto de 14 millóns de euros para 911 persoas beneficiarias no marco destas achegas, permitindo actuar nunha superficie de 1.281,46 hectáreas.

En parecidos termos, o conselleiro subliñou que Medio Rural xestiona outras achegas tamén enfocadas especialmente cara o mundo do viño, como son as que financian accións de promoción en terceiros países e aquelas destinadas a apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas.

Aposta pola calidade agroalimentaria diferenciada e pola súa promoción 

De xeito máis xeral, dentro da aposta da Xunta pola calidade agroalimentaria diferenciada, José González lembrou que esta mesma semana o Consello do Goberno autonómico avaliou dúas liñas específicas de axudas para o seu fomento, dotadas, en conxunto, con máis de 600.000 euros. 

Trátase, por un lado, das subvencións para apoiar o labor que desenvolven os consellos reguladores a través de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos con algún indicativo e, por outra banda, das destinadas a fomentar que os produtores se integren en réximes de calidade. Esta últimas enfócanse en favorecer que os titulares de explotacións agrarias se incorporen aos réximes de calidade representados polas denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas ou a produción ecolóxica.

Do mesmo xeito, o conselleiro puxo tamén en valor o esforzo que fai a Xunta en materia de promoción da calidade alimentaria. Así, destacou, este ano vanse destinar preto de 9,5 millóns de euros ao plan de promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada. 

E puxo como exemplo do destino destes fondos a presenza destacada dos viños galegos en eventos sectoriais de referencia, caso da feira ProWein, celebrada días pasados en Alemaña e á que acudiu o propio conselleiro. Neste sentido, sinalou que neste certame internacional había viños da Ribeira Sacra e máis concretamente da subzona de Amandi (tres das adegas presentes nesta feira de Sober estiveron tamén en ProWein), que -salientou- "colleitaron un gran éxito entre os profesionais alí presentes". 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23217 {"title":"A Xunta reafirma o seu compromiso coa ordenación, o fomento e a promoción do sector vitivinícola galego e da súa calidade diferenciada na Festa do Viño de Amandi","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23217"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23217-xunta-reafirma-seu-compromiso-coa-ordenacion-fomento-e-promocion-do-sector-vitivinicola-galego-e-da-sua-calidade-diferenciada-na-festa-do-vino-amandi https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.