A Xunta ampliará o visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta ata chegar a case 80 rutas e preto de 3.000 km

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez subliña que ante o éxito desta ferramenta dixital entre os amantes do ciclismo e os turistas que visitan a Comunidade, o seu departamento prevé incrementar este ano nun 50% os 52 roteiros que xa están dispoñibles para descarga
  • Avanza que o traballo do IET estará marcado polos proxectos europeos GIFT e Green GAP, a presentación de tres guías de boas prácticas e o impulso doutra nova no marco da colección Paisaxe Galega e a actualización do Catálogo das Paisaxes

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

A Xunta apostará este ano pola ampliación e reforzo do visor dixital A paisaxe de Galicia desde a bicicleta, unha aplicación web do Instituto de Estudos do Territorio (IET) dispoñible desde hai case ano e medio e que a día de hoxe inclúe un total de 52 rutas cunha extensión de máis de 2.300 quilómetros, con percorridos perfectamente cartografados e en formato descargable.

Tal e como avanzou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a reunión do Consello Reitor do IET, ao longo deste ano prevese incorporar ao visor 25 novos itinerarios polo que o obxectivo é chegar a ofrecer preto de 80 rutas ciclistas —un 50% máis que as que ten na actualidade— cunha extensión de case 3.000 km, o que permitirá que afeccionados ao ciclismo e turistas en xeral poidan coñecer a Comunidade dun xeito diferente.

Tras incidir no "éxito" desta ferramenta dixital e recordar que a semana pasada foi presentada no marco do congreso 36º Congreso da Unión Europea de Ciclismo, que se celebrou en Santiago, a vicepresidenta segunda en funcións animou a todas as persoas interesadas no ciclismo a explorar o visor do IET e acceder a información de interese sobre algúns dos recunchos máis interesantes para explorar desde a bicicleta.

Entre os principais fitos do Instituto para este ano, Vázquez Mejuto salientou tamén os dous proxectos europeos relacionados co eido das infraestruturas verdes nos que colabora Galicia e que en 2024 recibirán un pulo importante.

Son, en concreto, o Green Infraestrutura for Forest and Trees (GIFT), liderado polo IET en colaboración con nove socios de oito países europeos e no marco do cal está programada unha acción piloto na Área de Especial Interese Paisaxístico (AIEP) do Monte Xalo; e o Green GAP con Portugal, que permitirá poñer en marcha as accións contidas no plan transfrointeirizo de mellora da paisaxe no esteiro do río Miño.

Para continuar cos traballos impulsados desde o ano 2016 polo IET no marco da colección Paisaxe Galega, a responsable autonómica indicou que nos vindeiros meses se presentarán tres novas guías de boas prácticas: a de integración das terrazas no espazo público, que se está a consensuar co sector; a guía para a execución de áreas de lecer; e un novidoso manual metodolóxico para a análise da ordenación do territorio baixo os efectos do cambio climático.

Así mesmo, avanzou que en 2024 comezarase a traballar nunha nova guía e, tal e como se anunciou este mesmo mes, renovarase coa colaboración da Fundación Juana de Vega o Catálogo das Paisaxes para proceder á súa actualización no contexto territorial, social, económico e cultural.

Aposta polo fermosismo

A vicepresidenta segunda en funcións aproveitou a súa intervención para referirse tamén á convocatoria deste ano das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, a cuarta desde que o IET decidiu apostar por estes incentivos para animar a concellos e cidadáns a apostar pola cultura do fermosismo.

Ao respecto, explicou que unha vez pechado o prazo para a presentación de solicitudes e tendo en conta o orzamento dispoñible —2 millóns de euros en total para ambas liñas— a previsión é volver a esgotar o crédito e conceder 50 axudas a entidades locais para mellorar a imaxe de edificios municipais e elementos etnográficos como fontes, lavadoiros ou cruceiros e outras 355 dirixidas a apoiar a propietarios particulares na reforma e acondicionamento exterior dos seus inmobles.

Por último, Ángeles Vázquez lembrou que esta mesma semana se publicou a quinta convocatoria do distintivo Bandeira Verde, co que a Xunta recoñece o labor dos concellos máis comprometidos co coidado da paisaxe e a protección medioambiental e ao que se poderán presentar candidaturas ata o vindeiro 30 de maio.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23215 {"title":"A Xunta ampliará o visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta ata chegar a case 80 rutas e preto de 3.000 km","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/240322+AVM+CONSELLO+REITOR+IET.jpg","id":"23215"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23215-xunta-ampliara-visor-paisaxe-galicia-bicicleta-ata-chegar-case-80-rutas-e-preto-3-000-km https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.