Comesaña visita o centro de Protonterapia de Lovaina, con características similares ao que se está a construír en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Sanidade en funcións mantivo unha reunión centrada en detalles derivados do avanzado estado do proxecto galego, o máis avanzado dos que se están a desenvolver en España co financiamento dos equipos por parte da Fundación Amancio Ortega

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, visitou hoxe o hospital universitario de Lovaina (Bélxica) que conta cun centro de Protonterapia de características similares ao que se está a construír en Galicia, cunha sala de tratamento e outra de investigación. 

Ademais, xunto ao conselleiro, o equipo do proxecto galego formado por arquitectos, físicos, a xerente de Galaria (Empresa pública de servizos sanitarios), Rocío Mosquera, e a empresa adxudicataria do proxecto e a obra coñeceron as instalacións da empresa encargada do ciclotrón que se instalará en Santiago de Compostela, a belga IBA, está a fabricar parte dos compoñentes e fará a montaxe final dos ciclotróns cos que se dotará o centro de Protonterapia de Galicia. 

Durante a visita, a delegación galega puido revisar aspectos do proxecto, especialmente os relativos aos detalles construtivos e de planificación da loxística para o transporte e entrada dos equipos nas instalacións da Xunta, ademais do seu mantemento e de requirimentos para usos de investigación. A reunión centrouse en temas específicos derivados do estado avanzado do proxecto galego, o que está máis avanzado de todos os que se están a desenvolver en España coa Fundación Amancio Ortega, que financia os equipos. O centro de Protonterapia de Galicia xa ten practicamente concluídos os traballos precisos para o comezo da obra, entre eles a apertura do aparcadoiro alternativo e, nos próximos días, dará comezo o movemento de terras na parcela onde se situará.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23207 {"title":"Comesaña visita o centro de Protonterapia de Lovaina, con características similares ao que se está a construír en Galicia","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/20240322+visita+Centro+Protonterapia+Lovaina.jpeg","id":"23207"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23207-comesana-visita-centro-protonterapia-lovaina-caracteristicas-similares-ao-se-construir-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.