A Xunta celebra que Galicia conta xa con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45 % máis do obxectivo fixado para 2025

Imagen del artículo A Xunta celebra que Galicia conta xa con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45 % máis do obxectivo fixado para 2025

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González insistiu na importancia de seguir avanzando na ordenación e reestruturación dos montes galegos, para favorecer o aproveitamento socioeconómico deste recurso e loitar contra os incendios forestais
  • Resaltou estes datos -apoiados no Inventario Forestal Continuo- nun acto que contou coa asistencia de medio millar de rapaces de varios centros educativos da contorna, e que participaron na plantación simbólica de especies de frondosas autóctonas
  • O Goberno autonómico colabora este ano con máis de 15.000 plantas de frondosas en máis dun medio cento de iniciativas para poñer en valor esta data, establecida polas Nacións Unidas para concienciar da importancia de protexer estes ecosistemas
  • Entre 2023 e 2024, lembrou o titular de Medio Rural en funcións, investiranse máis de 23 millóns para crear superficies forestais, desenvolver accións silvícolas en coníferas ou implementar instrumentos de ordenación e xestión forestal

Bóveda (Lugo), 22 de marzo de 2024

A nosa comunidade xa supera as 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45% máis do marcado polo Plan Forestal de Galicia para o remate do 2025 -que fixaba un obxectivo de 380.000 ha-. Así o trasladou hoxe o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, no Viveiro dos Trollos, situado no concello lucense de Bóveda, no marco das actividades realizadas esta semana polo Día Internacional dos Bosques. No acto tamén participaron o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e o alcalde da localidade, José Manuel Arias López.

As actividades de hoxe en Bóveda, ás que asistiron 500 rapaces de varios centros educativos da contorna, foron organizadas polo GDR Ribeira Sacra-Courel coa colaboración da Xunta, co fin concienciar aos máis cativos sobre a importancia destes ecosistemas e sensibilizar á poboación sobre a necesidade da súa adecuada protección, ordenación e fomento. José González definiu a xornada como "un día de ledicia".

Esta mañá, nenos e nenas participaron nunha plantación simbólica de especies de frondosas autóctonas. A maiores, puideron construíron un insectario ou caixas niño, plantaron landras e asistiron a unha demostración do funcionamento de motobombas e doutro tipo de maquinaria de uso forestal.

Colaboración da Xunta nas actividades enmarcadas no Día Internacional dos Bosques

José González explicou que a Xunta colabora en máis de medio cento de actividades que se desenvolven esta semana en Galicia no marco do Día Internacional dos Bosques, unha data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2012. Neste sentido, o goberno autonómico cedeu preto de 15.000 plantas de frondosas autóctonas procedentes dos viveiros xestionados por Medio Rural para estes actos na comunidade autónoma, dirixidas ao fomento do interese polos nosos bosques e nos que participan distintas entidades como montes veciñais en man común, mancomunidades, concellos ou asociacións sen ánimo de lucro.

Neste mesmo marco, o titular do Medio Rural en funcións tamén puxo en valor a celebración en Mondariz, este pasado martes e mércores, do Encontro Científico Técnico Transfronteirizo Montes de piñeiro pinaster, un foro que permitiu avanzar nunha planificación que favoreza o futuro Plan estratéxico das coníferas en Galicia.

Investimento de 600.000 euros na potenciación do Viveiro dos Trollos

O acto de hoxe tivo lugar no Viveiro dos Trollos, unhas instalacións de referencia nas frondosas, o fomento da natureza e os valores ambientais, e na que a Xunta investiu no período 2019-2024 preto de 600.000 euros para avanzar na súa potenciación. Na súa finca hai máis dun cento de especies diferentes de árbores e arbustos instalacións e preparadas para a recepción de visitantes e para a realización de actividades divulgativas.

A rede de viveiros forestais xestionados pola Xunta, destacou José González, compren unha importante función centrada, por un lado, na recuperación dos viveiros con capacidade de producir planta forestal de calidade para cubrir necesidades das administración públicas, e por outra banda establecer parcelas de alto valor xenético e de conservación ex situ de recursos xenéticos de gran interese. Este tipo de actuacións están enmarcadas no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara a neutralidade carbónica".

Importancia do monte ordenado

O titular do Medio Rural en funcións lembrou hoxe que Galicia conta con 1,5 millóns de hectáreas arboradas, das cales se aproveitan anualmente arredor de 10 millóns de metros cúbicos de madeira. Datos coma estes, referendados a través dunha ferramenta estratéxica como é o Inventario Forestal Continuo, converten á nosa comunidade na primeira potencia forestal de España e a novena de Europa, segundo destacou González.

Así, afirmou ter "totalmente asumido" a necesidade de "ter un monte que poidamos valorizar, que sexa ben xestionado e que dea aproveitamento á xente que vive no rural, e que permite loitar contra o despoboamento e o abandono".

Sobre as máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado da nosa comunidade, o conselleiro sinalou que é froito do traballo conxunto de todos os axente implicados no sector e reforzado coas ordes de axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestións forestais, para as que se destinaron 7,5 millóns de euros nas últimas convocatorias.

González remarcou a importancia de seguir mellorando as cifras de superficie forestal ordenada e a súa reestruturación, "algo fundamental para favorecer o aproveitamento socioeconómico deste recurso e loitar contra os incendios forestais".

Apoio do Goberno autonómico ao sector forestal

Tal e como sinalou José González, o Executivo galego ten "unha aposta moi importante" polo sector forestal, ao que apoia con liñas de achegas e axudas económicas, ademais de ferramentas como o Inventario Forestal Continuo. Entre 2023 e 2024, lembrou, investiranse máis de 23 millóns para crear superficies forestais, desenvolver accións silvícolas en coníferas ou implementar instrumentos de ordenación e xestión forestal.

Neste sentido, remarcou as achegas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, dotadas este ano cun orzamento de preto de 2,4 millóns, e cuxo prazo de solicitude segue aberto.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23202 {"title":"A Xunta celebra que Galicia conta xa con máis de 550.000 hectáreas de monte ordenado, un 45 % máis do obxectivo fixado para 2025","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/1119_3.JPG","id":"23202"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23202-xunta-celebra-galicia-conta-xa-mais-550-000-hectareas-monte-ordenado-45-mais-do-obxectivo-fixado-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.