A Xunta incorporará a vacina vía intranasal para os cativos de dous a cinco anos na vindeira campaña antigripal

Imagen del artículo A Xunta incorporará a vacina vía intranasal para os cativos de dous a cinco anos na vindeira campaña antigripal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Rueda resalta que se van destinar máis de 550.000 € a adquirir 30.000 doses
  • Salienta que entre as "vantaxes" desta vacina é que non implica pinchazo xa que é un aerosol nasal
  •  Entre os seus beneficios está aumentar a protección fronte á gripe xa que neutraliza o virus na porta de entrada, a mucosa nasal, e, por outro lado, diminuír a incidencia de infeccións por estreptococo A 
  •  Asegura que o obxectivo é lograr que "máis do 60%" dos rapaces desta franxa de idade estean protexidos fronte a gripe

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia vai incorporar "a vacina intranasal para os cativos de 2 a 5 anos" na vindeira campaña de vacinación contra a gripe. "Vanse destinar máis de 550.000 euros a adquirir 30.000 doses", indicou tras a reunión semanal do Consello. 

Rueda resaltou que Galicia "é un referente en vacinación, especialmente na infantil" xa que foi a primeira a nivel mundial en incorporar certas vacinas ao calendario. Nesta liña, asegurou que a Xunta segue a ampliar a prevención de enfermidades coa incorporación desta nova vacina para os rapaces de 24 a 59 meses.

Esta vacina é un aerosol nasal que presenta vantaxes sobre a vacina convencional entre as que cómpre remarcar unha técnica de administración menos invasiva, "xa que substitúe os pinchazos". Así se recolle, segundo trasladou o presidente, nun informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade referido á contratación da subministración sucesiva desta vacina.

O departamento sanitario galego agarda que a efectividade e o impacto en saúde pública sexa maior, posto que, ao ser unha vacina atenuada, activa o sistema inmunitario a nivel local. Así, aumenta a neutralización do virus na porta de entrada, na mucosa nasal.

Ademais, recentes estudos demostraron a diminución da incidencia de infeccións por estreptococo A en cativos que recibiron a vacina intranasal fronte á gripe.

O obxectivo, tal e como salientou Rueda, é "acadar coberturas de vacinación por riba do 60%" nos nenos e nenas deses tramos de idade, o que se estima en máis de 27.000 persoas. Na última campaña de 2023-2024, Galicia acadou un 50 % de cobertura na franxa de 24 a 59 meses.

Por tanto, a adquisición desta vacina por parte da Xunta responde ao obxectivo de mellorar a protección da poboación infantil fronte á gripe, así como a adherencia e as coberturas nas idades comprendidas entre os 24 e 59 meses, que son os tramos onde descenden os datos de vacinación. En cambio, a cobertura en bebés de 6 meses a un ano chega ao 83 %.

Cómpre remarcar que Galicia foi pioneira en anunciar a vacinación antigripal en nenos de 6 a 59 meses na campaña 2022-2023, conseguindo a cobertura máis alta entre as comunidades que a introduciron no calendario. A vacina dispoñible para este grupo de idade nestas dúas temporadas 22/23 e 23/24 foi a tretravalente de administración intramuscular mediante inxección.

 

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23172 {"title":"A Xunta incorporará a vacina vía intranasal para os cativos de dous a cinco anos na vindeira campaña antigripal","published_date":"2024-03-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773447\/190810+familia+01a.jpg","id":"23172"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-21/23172-xunta-incorporara-vacina-via-intranasal-os-cativos-dous-cinco-anos-na-vindeira-campana-antigripal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.