A Xunta anima aos promotores a apostar pola vivenda protexida e aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos que xestiona Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ánxeles Vázquez incide en que a colaboración entre a Xunta e os promotores é clave para dar resposta ás demandas da cidadanía en materia de vivenda
  • O proxecto de Galivivienda para construír 224 vivendas súmase á aposta da Xunta polo barrio de Xuxán, onde xa se entregaron 40 vivendas e onde outras 90 están en distintas fases de procedemento

A Coruña, 20 de marzo de 2024

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, animou hoxe aos promotores privados a apostar pola vivenda protexida e aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos que xestiona Galicia.

Durante a súa participación na presentación da promoción Alquiler50. Parque ofimático, de Galivivivienda, a vicepresidenta segunda en funcións incidiu en que a colaboración entre a Xunta e os promotores é clave para dar resposta ás demandas da cidadanía en materia de vivenda.

Nesa liña, puxo en valor que a promotora Galivivienda impulse a construción de 224 vivendas no barrio coruñés de Xuxán, que serán destinadas a alugueiro durante un prazo de, polo menos, 50 anos. Eses inmobles edificaranse nas catro parcelas que o pasado verán lle cedeu Xestur á entidade en dereito de superficie durante 50 anos.

"Trátase dunha modalidade moi vantaxosa xa que permite ás promotoras acceder a solo público a cambio do pago dun canon moi reducido, que equivale ao 0,10% do prezo da parcela", explicou a vicepresidenta segunda en funcións, que engadiu que, unha vez pasados eses 50 anos, as parcelas e as vivendas volverán a mans da Xunta, pasando a formar parte do seu parque público residencial.

A maiores, Ángeles Vázquez indicou que o Goberno galego concedeu a esta promotora unha axuda de 10,8 millóns de euros no marco da convocatoria dirixida a promotores públicos e privados para construír vivendas en alugueiro a prezos taxados en solo público, que se financian cos fondos europeos que corresponden a Galicia.

Máis polo miúdo, cómpre indicar que, durante eses primeiros 50 anos, o prezo da renda non poderá superar o máximo establecido para as vivendas protexidas de réxime xeral nese municipio. E, por outra banda, os futuros adxudicatarios deberán usar os inmobles como residencia habitual e permanente, estar inscritos no rexistro de demandantes de vivenda e acreditar uns ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM.

Aposta polo barrio de Xuxán

Este proxecto súmase á aposta da Xunta polo barrio de Xuxán, onde xa se entregaron 40 vivendas aos seus adxudicatarios e onde está previsto iniciar a construción doutras 40 antes deste verán, cun investimento de 8 millóns de euros. E, ademais, segundo explicou a representante autonómica, estase a ultimar a redacción do proxecto de construción para licitar outras 50 vivendas, que contarán cun orzamento de 9 millóns de euros.

O obxectivo do Goberno galego é construír, en total, 1.600 vivendas protexidas, entre promoción pública e privada. Nese senso, a vicepresidenta segunda en funcións lembrou que 500 desas vivendas dependen dun cambio de uso dos terreos que debe levar a cabo o Concello a través dunha modificación do PXOM. De feito, Ángeles Vázquez avanzou que a Xunta enviará unha nova proposta ao respecto o vindeiro mes.

Para concluír a vicepresidenta segunda en funcións lembrou que o Goberno galego leva anos dándolle unha relevancia especial ás políticas de vivenda. Así, ademais de ter executadas xa o 90% das medidas previstas no Pacto social pola vivenda 2021-2025, en 2023 aprobou a Estratexia de vivenda pública e protexida, que, cun investimento de 250 millóns de euros, prevé reforzar nun 50% o parque público residencial ata superar as 5.600 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro e impulsar a construción doutras 3.000 en solo público por parte de promotores privados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23149 {"title":"A Xunta anima aos promotores a apostar pola vivenda protexida e aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos que xestiona Galicia","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/240320+AVM+XORNADA+GALIVIVIENDA.jpg","id":"23149"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23149-xunta-anima-aos-promotores-apostar-pola-vivenda-protexida-e-aproveitar-oportunidade-historica-suponen-os-fondos-europeos-xestiona-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.