A Xunta avoga por formar e reter talento científico-tecnolóxico en Galicia

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa coruñesa HACK A BOSS, dedicada á formación de carácter intensivo en tecnoloxía

A Coruña, 20 de marzo de 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa coruñesa HACK A BOSS, que se dedica a impartir cursos formativos especializados de carácter intensivo no ámbito da programación web e a ciencia de datos, así como cursos de verán de programación.

Creada hai cinco anos, pasou de 5 a 80 traballadores, contribuíu á inserción laboral de case mil persoas e está valorada como unha das mellores empresas tecnolóxicas para traballar, segundo informa a startup. A directora de Gain aproveitou a ocasión para destacar a importancia da formación de talento científico-tecnolóxico en Galicia para dispor de persoas capaces de responder ás prioridades do novo modelo económico como a transición verde e dixital.

Neste sentido, Argerey apuntou que Galicia está sendo capaz de atraer e reter talento no ámbito da I+D+i, a través de distintos programas, algúns específicos como Principia, Investigo, Oportunius, Talento Senior, Ignicia, doutoramento industrial ou os contratos predoc e posdoc cos que se ten apoiado (no período 2014-2021) máis de 11.000 empregos para persoal investigador e tecnolóxico e dedicado á innovación. Actualmente, acaba de pechar a convocatoria do programa Investigo pero está prevista a convocatoria de Doutoramentos Industriais para o segundo trimestre.

Así mesmo, aprobouse o decreto que regula a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal investigador nos organismos de investigación dependentes da Xunta de Galicia, unha norma que ofrece un marco laboral estable e atractivo para este colectivo, mellorando e homoxeneizando as condicións destes profesionais e creando unha senda de desenvolvemento profesional para eles. Así como o programa Oportunius, deseñado para a incorporación de talento excelente vencellado á obtención, con carácter previo dunha axuda do European Research Council. Actualmente son 17 as persoas contratadas a través deste programa Oportunius e está pendente a incorporación dun profesional máis. Así mesmo, está prevista a convocatoria de 3 novas prazas nos vindeiros meses. En total, agárdase contar con 21 investigadores e investigadoras Oportunius contratados/as no primeiro semestre do 2024.

Precisamente, HACK A BOSS foi beneficiaria no ano 2019 dunha axuda do programa Talento Sénior, por importe de 64.000 euros, para a contratación dun profesional de alta cualificación encargado de realizar tarefas de I+D+i por un período de tres anos. En concreto, o perfil da persoa que se incorporou á empresa foi a dun experto responsable de incubar e acelerar ideas de negocio dixitais, de deseñar e lanzar ao mercado produtos dixitais de alto valor e impartir talleres formativos sobre desenvolvemento de produto dixital.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23145 {"title":"A Xunta avoga por formar e reter talento científico-tecnolóxico en Galicia","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23145"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23145-xunta-avoga-formar-e-reter-talento-cientifico-tecnoloxico-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.