Lorenzana salienta que a nova Business Factory ClimaTech reforza a aposta de Galicia polo emprendemento innovador

  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, presentou esta aceleradora de empresas que se desenvolve en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular -Viratec- e á que a Xunta achega máis de 6 M€
  • A Business Factory ClimaTech busca fomentar a creación de novas empresas no sector de solucións ambientais e de economía circular cun alto impacto económico, social e ambiental, con proxectos innovadores e con vocación de internacionalización
  • A iniciativa impulsará preto de 40 novos proxectos en tres convocatorias sucesivas que atenderán as fases de incubación, aceleración e consolidación

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na asemblea xeral de Viratec- Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, onde presentou o acordo de colaboración entre esta organización e a Xunta -a través de Igape, Gain e Xesgalicia- para a posta en marcha da nova Business Factory ClimaTech. Segundo salientou Lorenzana, esta aceleradora de empresas permite reforzar a aposta polo emprendemento innovador da Xunta de Galicia, impulsando novos proxectos nun campo que, tal e como sinalou, "ten infinitas posibilidades no momento actual" e que vai permitir "diversificar e potenciar a economía galega".

A responsable de Economía, Industria e Innovación, fixo fincapé en que o Goberno galego busca "crear en Galicia un polo de atracción empresarial, un ecosistema que sexa favorable para o emprendemento, a creación e o crecemento das empresas e as sinerxías empresariais", sinalando que para iso é necesaria a colaboración entre todos os axentes.

Segundo se informou hoxe, ClimaTech permitirá impulsar novos proxectos empresariais en toda a cadea de valor do sector e reforzar a aposta de Galicia pola sustentabilidade ambiental do tecido produtivo. ClimaTech contará cun orzamento de preto de 6,3 M€, dos que a Xunta achegará máis do 95 % para desenvolver, durante os próximos tres anos, sucesivas convocatorias de carácter anual que permitirán impulsar 38 proxectos nas fases de incubación (5), aceleración (18) e consolidación (15).

Poderán acollerse á Business Factory ClimaTech emprendedores con proxectos innovadores, con vocación de internacionalización e con potencial para fortalecer o sector das solucións ambientais e da economía circular. Os participantes en ClimaTech contarán con titorizacións e recursos para dar forma ás súas ideas e convertelas en conceptos empresariais; con formación específica adaptada ás necesidades de cada un; ou con talleres grupais impartidos por expertos de prestixio no ámbito nacional e internacional.

Así mesmo, os beneficiarios disporán de titores con experiencia no sector ambiental e outras industrias conexas ao tempo que compartirán actividades conxuntas e gozarán de intercambios internacionais en ecosistemas colaboradores.

Cada edición do programa organizarase conforme a cinco fases: unha primeira de definición de retos e focalización dos proxectos; outra de lanzamento da convocatoria e difusión; a terceira, centrada na selección dos proxectos con maior potencial de incubación, aceleración e consolidación; unha cuarta que atenderá á execución dos itinerarios; e a última, de seguimento do impacto do programa.

Esta iniciativa forma parte da decidida aposta da Xunta de Galicia por impulsar aceleradoras de empresas, con actuacións que abranguen todo tipo de proxectos e localizacións territoriais. Unha ampla rede na que destacan as aceleradoras verticais no sector da automoción (BFAuto), aeroespacial (BFAero), fármacos (BFMedicines) ou no sector da alimentación, (BFFood). Completan a rede outras iniciativas como VíaGalicia, emprendemento innovador, multisectorial, especialmente no ámbito das TIC, agroalimentario ou téxtil, en colaboración co Consorcio da Zona Franca (Vigo e Lugo); así como Galicia Avanza, para a internacionalización de pemes, en colaboración con Tecnópole; ou Turislab, para proxectos turísticos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23131 {"title":"Lorenzana salienta que a nova Business Factory ClimaTech reforza a aposta de Galicia polo emprendemento innovador","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23131"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23131-lorenzana-salienta-nova-business-factory-climatech-reforza-aposta-galicia-polo-emprendemento-innovador https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.