A Xunta abre mañá o prazo para as axudas a proxectos de fotovoltaica en empresas e administracións locais

  • O DOG publica as bases da convocatoria que se tramitará en réxime de concorrencia competitiva e que contará con 5,5 M€ de orzamento
  • O obxectivo é seguir fomentando o uso de enerxías renovables e o aforro enerxético

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases da convocatoria para apoiar proxectos de autoconsumo fotovoltaico en empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas locais cunha dotación de 5,5 M€ financiada con fondos Feder. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde mañá ata o 19 de abril.

A convocatoria, de concorrencia competitiva, pretende mobilizar 15 M€ e alcanzar aforros económicos de 2,6 M€ ao ano nas facturas enerxéticas - ao redor de 5.200 euros ao ano  por proxecto- e unha redución de emisións equivalente a plantar 350.000 árbores. 

As axudas terán unha intensidade do 60 % no caso das administracións locais e entidades sen ánimo de lucro; e do 40 % para as pequenas empresas, do 30 % para as medianas e do 20 % para as grandes, cunha axuda máxima de 50.000 euros.

Estes apoios teñen como obxectivo seguir fomentando o uso de enerxías renovables e a cultura do aforro enerxético, á vez que se crea emprego, se reducen os custos enerxéticos das empresas, entidades e administracións locais e se contribúe á mellora ambiental.

Esta liña vén completar as axudas destinadas a instalacións de fotovoltaica para particulares cuxo prazo continúa aberto ata o 21 de marzo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23117 {"title":"A Xunta abre mañá o prazo para as axudas a proxectos de fotovoltaica en empresas e administracións locais","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23117"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23117-xunta-abre-mana-prazo-as-axudas-proxectos-fotovoltaica-empresas-e-administracions-locais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.