O Sergas resolve o proceso de estabilización, por concurso de méritos, de facultativo especialista de área de pediatría en postos de difícil cobertura e pediatra de atención primaria

  • Neste proceso resultan nomeados como persoal estatutario fixo 12 profesionais na categoría de facultativo especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e 58 pediatras de atención primaria
  • Estes 70 profesionais do ámbito da pediatría, tomarán posesión a partir de mañá en hospitais e centros de saúde 

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

No día de hoxe publícase, no Diario Oficial de Galicia, a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Sergas e á adxudicación de destino definitivo, aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023, polo sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de facultativo especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas e pediatra de atención primaria.

Ofertáronse neste proceso selectivo 60 prazas para pediatras de atención primaria e 12 para pediatras de hospitais comarcais. Cubríronse todas as prazas ofertadas, agás na categoría de pediatra de atención primaria as de Cervo e Viveiro, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

A resolución de convocatoria deste proceso de estabilización realizouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario.

Coa finalidade de garantir a continuidade asistencial e a calidade, a eficacia e a eficiencia dos servizos en prol de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura, resolveuse este proceso selectivo en menos de 10 meses.  O acceso sen proba de exame resultou da baremación de méritos de experiencia, formación académica e continuada, publicacións, entre outras.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación da Resolución no DOG, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 18 de abril de 2024.

Na convocatoria se establece un procedemento que permite que, no suposto de non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido dalgún aspirante seleccionado, a Administración sanitaria poida seleccionar a novos aspirantes, atendendo á puntuación que resulte da lista definitiva do proceso entre aqueles aspirantes que teñan elixido os destinos non adxudicados.

Próximas publicacións

Está previsto que o mércores día 20 de marzo se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución coa baremación definitiva dos méritos do concurso co listado dos aspirantes seleccionados e a convocatoria para o acto telemático de elección de destino no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para diversas categorías de facultativo especialista de área, un total de 24 especialidades, tamén dirixidos a cubrir postos de difícil cobertura.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23099 {"title":"O Sergas resolve o proceso de estabilización, por concurso de méritos, de facultativo especialista de área de pediatría en postos de difícil cobertura e pediatra de atención primaria","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23099"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23099-sergas-resolve-proceso-estabilizacion-concurso-meritos-facultativo-especialista-area-pediatria-postos-dificil-cobertura-e-pediatra-atencion-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.