A Xunta adxudica por preto de 1,9 M€ a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e do Saviñao

  • As intervencións levaranse a cabo no treito de 13,5 km da vía CG-2.1 e en algo máis de 4,4 km da LU-533, desde o núcleo urbano de Chantada ata Escairón
  • Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses e consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias
  • O contrato asinarase nos vindeiros días e a previsión é poder iniciar as obras na segunda quincena de abril, para a súa execución entre a primavera e o verán
  • Esta actuación completa a mellora do firme levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de Lugo, cun investimento autonómico de máis de 1,9 M€
  • A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, destinando este ano 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

A Xunta adxudicou por 1.880.818 euros a execución das obras de acondicionamento do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro (CG-2.1) e na LU-533, ao paso polo concellos de Chantada e do Saviñao.

Esta intervención, adxudicada á empresa Grupo Bascuas 2008, S.L, consiste no  reforzo e acondicionamento do pavimento destas vías autonómicas.

O contrato asinarase nos vindeiros días e as obras iniciarase, previsiblemente, na segunda quincena do mes de abril, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, para a súa execución entre a primavera e o verán. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.

Máis en concreto, as actuacións adxudicadas levaranse a cabo no tramo de 13,5 quilómetros da estrada CG-2.1, que discorre polo concello de Chantada. Neste caso, intervirase no treito comprendido entre o quilómetro 29+450, intersección coa estrada N-540, ao norte do núcleo urbano de Chantada, ao 42+950, no límite provincia Lugo.

Este contrato inclúe tamén a intervención nun treito de algo máis de 4,4 quilómetros da estrada LU-533, no seu percorrido polos concellos de Chantada e do Saviñao. O tramo de actuación comeza no núcleo urbano de Chantada, á altura do quilómetro 1+760 e ata o 6+175, en Escairón.

Nestes tramos das estradas CG-2.1 e LU-533 existen zonas con fisuración provocadas polo desgaste do tráfico, e outras zonas máis deterioradas, cunha perda progresiva do material da calzada. As solucións, segundo o grado de deterioro, inclúen a rehabilitación do firme mediante o fresado localizado e a reposición de 5 centímetros de espesor a carril completo, e a aplicación cun espesor de 3 centímetros no ancho da plataforma e en toda a lonxitude das estradas. Estas actuacións completaranse mediante o pintado da sinalización horizontal.

Estas intervencións completan a mellora do firme xa levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de Lugo, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria. A última delas realizouse no ano 2021 nas estradas CG-2.1, no treito Monforte de Lemos-Escairón, e na LU-533, cun investimento de máis de 1,9 M€.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este ano 53M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23097 {"title":"A Xunta adxudica por preto de 1,9 M€ a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e do Saviñao","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23097"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23097-xunta-adxudica-preto-1-9-m-mellora-do-firme-na-via-altas-prestacions-monforte-e-alto-do-faro-e-na-lu-533-ao-paso-polo-concellos-chantada-e-do-savinao https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.