Gandeiros galegos intercambian coñecemento e novas tecnoloxías aplicadas a explotacións de vacún de leite nunha viaxe a Dinamarca promovida pola Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dunha actividade formativa complementaria aos cursos "Gandeiros 20-30", tamén organizados polo goberno autonómico, na que participaron unha decena de persoas que participaron previamente nestas xornadas
  • Os participantes nesta iniciativa puideron coñecer o funcionamento das explotacións danesas e a aplicación das novas tecnoloxías neste país que, ao igual que Galicia, é unha rexión referente na produción de leite
  • Enmarcadas na aposta da Xunta pola formación, este tipo de visitas constitúense como experiencias enriquecedoras para o sector e favorecen o intercambio de coñecemento entre lugares semellantes con obxectivos comúns

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de organizar unha visita a explotacións de vacún de leite danesas no marco do curso "Gandeiros 20-30". Trátase dunha actividade formativa complementaria a estas xornadas organizadas pola Axencia, na que participaron unha decena de gandeiros e gandeiras que asistiron previamente a estas formacións.

Esta acción está enmarcada na aposta da Xunta pola formación neste sector, na que se seguirá afondando proximamente con novas iniciativas. No referido á visita a Dinamarca, o obxectivo principal foi o intercambio de coñecemento con produtores e a aprendizaxe de novas tecnoloxías aplicadas a este eido. Os asistentes puideron coñecer o funcionamento das explotacións neste país que, ao igual que Galicia, é un referente na produción de leite.  

Neste sentido, a nosa comunidade é unha das dez primeiras rexións produtoras de leite de Europa e produce máis do 42% do leite español, polo que unha actividade destas características ten repercusións beneficiosas para este eido. A visita de gandeiros galegos a este tipo de explotacións constitúe unha experiencia enriquecedora para o sector e favorece o intercambio de coñecemento entre rexións semellantes con obxectivos comúns.

A viaxe a Dinamarca dividiuse en dúas xornadas, nas que os gandeiros asistiron a un faladoiro de introdución ao sector lácteo danés e fixeron unha visita polas instalacións de cinco explotacións de vacún de leite.

Aposta pola formación

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria ten as competencias vencelladas coa formación referentes ao Medio Rural. Por iso mesmo, é a encargada de xestionar o intercambio de coñecementos e información do sistema AKIS, que ten como obxectivo principal  seguir avanzando na modernización do sector a través do fomento e a posta en común do coñecemento, a innovación e a dixitalización en zonas agrícolas e rurais, así como promover a súa adopción por parte dos agricultores, mediante un mellor acceso á investigación, a innovación, o intercambio de coñecementos e a formación.

Neste contexto desenvólvense os cursos "Gandeiros 20-30", co obxectivo de os empresarios gandeiros dunha visión mais ampla do potencial da súa actividade gandeira e para espertar a innovación nas súas actividades e a procura dun maior valor engadido; así como aportar coñecementos e ferramentas, especialmente no ámbito de control e a xestión dos custos, co fin último de mellorar a eficiencia das explotacións. Nestas xornadas trabállanse contidos como a xestión integral do negocio na explotación gandeira, o control de custos, a elaboración de orzamentos e a optimización da xestión fiscal.

Ao mesmo tempo, este tipo de actuacións enmárcanse dentro da Estratexia do sector lácteo elaborada pola Consellería do Medio Rural como unha panca de acción para configurar unha panca de acción para este eido, co fin de garantir a sustentabilidade e a estabilidade no funcionamento de toda a cadea de valor.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23094 {"title":"Gandeiros galegos intercambian coñecemento e novas tecnoloxías aplicadas a explotacións de vacún de leite nunha viaxe a Dinamarca promovida pola Xunta","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662134\/240318_Gandeiros_Visita+Dinamarca+1.jpeg","id":"23094"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23094-gandeiros-galegos-intercambian-conecemento-e-novas-tecnoloxias-aplicadas-explotacions-vacun-leite-nunha-viaxe-dinamarca-promovida-pola-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.