A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística

Imagen del artículo A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta edición para a que Turismo de Galicia destina un total de 90.000 euros para a realización de prácticas durante seis meses

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria de bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes de Turismo de Galicia. Poderán ser beneficiarias 14 persoas que realizarán as súas prácticas nas oficinas de titularidade autonómica situadas en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela.

O programa formativo, para o que Turismo de Galicia destina preto de 90.000 euros, desenvolverase ao longo deste ano 2024 cunha duración máxima de seis meses. Ofrécense catro bolsas nas oficinas de Turismo de Galicia en Santiago de Compostela (dúas na situada na rúa do Vilar e outras dúas na da rúa Carretas) e nas restantes cidades haberá dúas prazas en cada unha das oficinas de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

O prazo para solicitar a bolsa comezará mañá martes 19 de marzo e rematará o 18 de abril. Concederanse en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta o cumprimento dos requisitos e a valoración dos méritos e entrevista persoal. Como se indica no DOG, entre os requisitos, as persoas interesadas deberán estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos: grao en turismo; técnico superior en guía, información e asistencia turísticas; técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos.

Méritos avaliables

Ademais, as persoas que soliciten estas bolsas deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente. No caso do inglés, deberase achegar certificado B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ou superior. As persoas beneficiarias non poderán, ademais, ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego. Todos os requisitos e méritos avaliables están dispoñibles na convocatoria publicada no DOG.

Estas bolsas enmárcanse no compromiso de Turismo de Galicia por afondar na formación práctica dos profesionais vinculados ao turismo ao tempo que se reforza a profesionalización dos servizos ofrecidos aos visitantes á Comunidade galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23092 {"title":"A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662134\/Turismo.jpg","id":"23092"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23092-xunta-lanza-unha-nova-convocatoria-14-bolsas-formacion-nas-oficinas-informacion-turistica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.