A Xunta repartirá outros 3.000 composteiros por toda Galicia cun investimento de máis de 210.000 euros

  • A empresa pública Sogama adxudicou o contrato para a subministración, almacenaxe e distribución destes equipamentos, que se engaden aos máis de 21.600 xa entregados a distintos concellos, centros escolares e outros colectivos sociais
  • Este recipientes están pensados para familias que habiten unha vivenda unifamiliar e que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

A Xunta adxudicou por algo máis de 210.000 euros a subministración, almacenaxe e distribución de 3.000 novos composteiros entre concellos, centros educativos e colectivos sociais. O obxectivo deste contrato é estender a autoxestión da materia orgánica a aqueles ámbitos nos que resulte viable ante os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.  

Este contrato foi licitado pola empresa pública Sogama, que ata o momento xa repartiu de forma gratuíta máis de 21.600 composteiros -con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables- entre 462 entidades de toda Galicia como concellos (227), centros escolares (203) e outros colectivos sociais (32).

Esta nova partida enmárcase no obxectivo de ampliar o número de persoas e familias que se interesan pola compostaxe doméstica e que a poñan en práctica como unha forma eficiente de previr ou reducir a produción de residuos en orixe. Ao mesmo tempo permite valorizar a materia orgánica de forma eficaz mediante a súa conversión en compost, un abono de alta calidade con boas propiedades fertilizantes e de protección da natureza e do medio ambiente.

A entrega dos composteiros ás familias realizarase a través dos concellos e repartiranse entre os veciños que habiten unha vivenda unifamiliar que dispoña de terreo no que aplicar o compost resultante pechando desta forma o ciclo de recuperación da fracción orgánica, que representa arredor do 40% da composición media dunha bolsa de lixo tipo.

Información adicional

Ademais dos composteiros, a Xunta tamén proporciona aos entes locais manuais didácticos de apoio nos que se explica de forma detallada a operativa a seguir polos usuarios dando resposta ás preguntas máis frecuentes e aos erros máis comúns.

A maiores, os técnicos de Sogama imparten cursos de formación presenciais para complementar e reforzar os coñecementos dos participantes neste ámbito e para resolver todas as dúbidas que o proceso lles poida xerar. Os interesados tamén contan con información sobre a compostaxe na páxina web da empresa pública.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23091 {"title":"A Xunta repartirá outros 3.000 composteiros por toda Galicia cun investimento de máis de 210.000 euros","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23091"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23091-xunta-repartira-outros-3-000-composteiros-galicia-cun-investimento-mais-210-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.