A Xunta comeza os traballos para deseñar o Plan director da industria metalmecánica

Imagen del artículo A Xunta comeza os traballos para deseñar o Plan director da industria metalmecánica

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime)

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, reuniuse co secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), Enrique Mallón, para comezar os traballos de elaboración do plan director da industria metalmecánica. Trátase dun dos sectores declarados estratéxicos pola Xunta de Galicia xunto coa industria da automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira, a industria das TIC e a da loxística, algúns dos cales tamén contarán con participación de Asime na elaboración dos seus plans directores específicos.

Logo de poñer en marcha, nas últimas semanas, os traballos para elaborar os plans directores do sector naval, da automoción, das industrias TIC e da loxística, impúlsase o procedemento de elaboración e aprobación do correspondente ao ámbito metalmecánico, no que, como primeiro fito, se levará a cabo unha consulta pública a través do portal de transparencia e goberno aberto para solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas. Ademais, na elaboración do plan participará o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados, como é o caso de Asime. Antes da súa aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia será necesario o informe do Consello Galego de Economía e Competitividade.

O plan contará con medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

Os plans directores, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha estratexia que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23089 {"title":"A Xunta comeza os traballos para deseñar o Plan director da industria metalmecánica","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662134\/EconomiaAsime.jpeg","id":"23089"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23089-xunta-comeza-os-traballos-desenar-plan-director-da-industria-metalmecanica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.