A Xunta e a Fundación Juana de Vega colaboran na actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística

Imagen del artículo A Xunta e a Fundación Juana de Vega colaboran na actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Cómpre revisar os seus contidos para adaptalos ás especificacións do regulamento da lei de protección da paisaxe, do Catálogo das paisaxes e das directrices da paisaxe, que foron aprobadas con posterioridade

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia e a Fundación Juana de Vega colaboran na actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística, tal e como acordaron hoxe nunha reunión celebrada entre o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, e representantes da entidade.

A Guía de estudos de impacto e integración paisaxística foi a primeira publicación da colección Paisaxe Galega, que consta xa de 17 publicacións, que teñen como obxectivo ofrecer unha ferramenta de divulgación dos valores paisaxísticos da Comunidade así como contribuír a acadar unha correcta integración de diversos tipos de actuacións coa contorna.

Precisamente, ao ser a primeira destas publicacións, cómpre actualizar os seus contidos para adaptalos ás especificacións do regulamento da lei de protección da paisaxe, do Catálogo das paisaxes e das directrices da paisaxe, que foron aprobadas despois da redacción da devandita guía.

Nese senso, o IET, ente dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Fundación Juana de Vega veñen de iniciar os contactos para levar a cabo unha revisión integral da publicación coas adaptacións á normativa, coa descrición das pautas para a elaboración dos estudos e tamén coa proposición de metodoloxías e criterios aplicables a casos reais de proxectos que deben realizar un estudio de impacto e integración paisaxística.

Desde xeito, o obxectivo é que a guía sexa unha ferramenta de consulta, polo que se primarán criterios de fácil comprensión, linguaxe non abstracta e contidos completos, pero sintéticos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23088 {"title":"A Xunta e a Fundación Juana de Vega colaboran na actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística","published_date":"2024-03-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662134\/20240315+Delegada+Vigo+Porte+2024_05.jpg","id":"23088"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-18/23088-xunta-e-fundacion-juana-vega-colaboran-na-actualizacion-da-guia-estudos-impacto-e-integracion-paisaxistica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.