A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo

  • O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolle o recoñecemento no transcurso da inauguración do congreso internacional que se celebra desde hoxe en Santiago

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2024

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou na inauguración do 36 Congreso da Unión Europea de Ciclismo que se celebra desde hoxe e ata mañá en Santiago de Compostela. Alí recolleu o recoñecemento que esta entidade vén de outorgar á Xunta de Galicia polo seu traballo a prol do turismo e do cicloturismo.

O xerente de Turismo de Galicia agradeceu en nome da Xunta de Galicia este galardón e salientou o "claro compromiso" por seguir mantendo un traballo "que axude a seguir creando afección a este deporte, apoiar aos seus profesionais e tamén reforzar o poder que o ciclismo está a ter para impulsar a Imaxe de Galicia tanto en España como fóra dela".

Neste sentido, salientou iniciativas como o apoio aos clubs deportivos ou a iniciativas como O Gran Camiño, que na súa última edición recentemente celebrada, consolidou o seu papel como escaparate turístico da Comunidade. Tamén se referiu ao traballo do Goberno autonómico por poñer en valor recursos como a Rede Eurovelo, a rede transfronteiriza de rutas ciclistas de longa distancia que atravesan Europa, que ten dous itinerarios en Galicia, nos que a Xunta de Galicia se está a encargar da súa sinalización.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23071 {"title":"A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23071"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23071-union-europea-ciclismo-reconece-traballo-da-xunta-prol-deste-deporte-e-do-cicloturismo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.