A Xunta pon en valor o labor de BNI Sinergia na súa aposta pola cooperación empresarial na área de Vigo para mellorar a competitividade do tecido produtivo

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na celebración do décimo aniversario deste grupo de networking que suma 38 empresas que xeran máis de 400 empregos
  • Resalta o amplo abano de ferramentas e liñas de actuación que a Xunta impulsa cada ano para colaborar co tecido empresarial galego na súa internacionalización, no financiamento ou na dixitalización e innovación

Vigo, 16 de marzo de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en Vigo na celebración do décimo aniversario de BNI Sinergia, onde puxo en valor o papel que xoga esta entidade na área de Vigo, fomentando a cooperación empresarial na procura de mellorar a competitividade do tecido produtivo.

"O que fai que BNI Sinergia sexa especial é a vosa vontade de servir, de contribuír activamente ao éxito dos demais", sinalou Toca, quen destacou, tamén, a importancia da cooperación público-privada para seguir medrando a través da internacionalización, da innovación e da sustentabilidade.

Neste sentido, a directora do Igape expuxo o amplo abano de ferramentas e liñas de actuación que, cada ano, a Xunta pon á disposición do tecido empresarial, entre as que destacou, no eido da internacionalización, as novas convocatorias de bolseiros e xestores, que facilitan ás pemes galegas contratar profesionais con formación ou experiencia en comercio exterior; ou as liñas Galicia Exporta, para empresas e organismos intermedios, que promoven a diversificación de mercados e a internacionalización.

Así mesmo, e no tocante ao financiamento, lembrou que está aberta unha nova edición da liña de préstamos directos, para mellorar as condicións de acceso ao crédito do tecido produtivo, favorecendo a entrada a instrumentos de débeda. E no relativo á dixitalización e innovación, resaltou a nova convocatoria de Centros de Fabricación Avanzada para promover espazos colaborativos e infraestruturas locais, e as axudas á dixitalización, que permiten impulsar procesos de transformación nas pemes galegas.

"Desde a Xunta queremos acompañarvos no voso camiñar diario. Un camiño que, no voso caso, configúrase desde a colaboración e o intercambio de ideas", subliñou a directora do Igape, quen concluíu agradecendo o labor de BNI Sinergia, que aglutina 38 empresas que xeran máis de 400 empregos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23070 {"title":"A Xunta pon en valor o labor de BNI Sinergia na súa aposta pola cooperación empresarial na área de Vigo para mellorar a competitividade do tecido produtivo","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23070"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23070-xunta-pon-valor-labor-bni-sinergia-na-sua-aposta-pola-cooperacion-empresarial-na-area-vigo-mellorar-competitividade-do-tecido-produtivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.