Os exames de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 81'3% de participación, na súa quenda de tarde

Imagen del artículo Os exames de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 81'3% de participación, na súa quenda de tarde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Na segunda quenda do día, acudiron á realización dos exames 806 das 991 persoas admitidas
  • Nesta tarde, unha aspirante realizará o seu exame desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ao atoparse nos últimos días de embarazo
  • O Recinto Feiral de Silleda acolleu este sábado as probas do concurso-oposición para o acceso a 163 prazas na categoría de facultativo especialista de área

Silleda (Pontevedra), 16 de marzo de 2024

O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), acolleu no día de hoxe as probas do concurso-oposición do Servizo Galego de Saúde para o acceso a 37 especialidades médicas, e cuxa quenda de tarde acadou unha participación do 81'3%.

Neste sentido, das 991 persoas opositoras admitidas nos exames desta tarde, acudiron á realización da proba un total de 806 opositores.

Así, do total das 1.698 persoas convocadas hoxe -nas quendas de mañá e tarde- para acceder a algunha das 163 prazas ofertadas polo Sergas, participaron nas probas 1.374 opositores (superándose o 80% de participación no conxunto da xornada).

Nesta segunda quenda do día, unha das aspirantes realizou o seu exame desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ao atoparse nos últimos día de embarazo.

Nestas probas vespertinas, a especialidade que contou cunha maior participación foi Cirurxía torácica ao acadar o 100% de asistencia. Así mesmo, as especialidades de Aparello dixestivo e de Medicina Preventiva e Saúde Pública acadaron unha participación do 91'1% e do 90'9%, respectivamente.

O Servizo Galego de Saúde adiou a publicación das listaxes definitivas do proceso por concurso de méritos de distintas especialidades -para traballar nos hospitais comarcais e en Saúde mental-, coa finalidade de permitir que as persoas interesadas se puideran presentar as probas de hoxe, e así escoller o seu camiño profesional. Esta conxuntura, non sería posible de procederse coa publicación das listaxes, dado que impediría aos aspirantes presentarse aos exames da xornada de hoxe. Así pois, con esta decisión o Sergas ampliou as posibilidades e as opcións das persoas opositoras.

Durante a realización dos exercicios, o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña; e a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez; agradeceron o traballo desenvolto polo persoal colaborador do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade; a Policía Nacional, Local e Autonómica; Garda civil, Autoestradas, 061, Cruz Vermella, Protección civil e Fundación Semana Verde de Silleda.

"Un labor encomiable que, unha vez máis, permite que estas probas se leven a cabo con total normalidade e cun nivel organizativo de sobresaínte", destacou o titular da Sanidade galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23068 {"title":"Os exames de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 81'3% de participación, na súa quenda de tarde","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662128\/20240316+Oposicion+SERGAS+Facultativos+especialistas+de+Area+Mana4.jpg","id":"23068"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23068-os-exames-oposicion-dos-facultativos-especialistas-area-do-sergas-acadan-81-3-participacion-na-sua-quenda-tarde https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.