As probas da fase de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 80,3% de participación na súa quenda de mañá

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Nesta primeira quenda do día, acudiron á realización dos exames 568 das 707 persoas admitidas
  • Nas probas desta mañá, dúas aspirantes realizarán os seus exames desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago e desde o Arquitecto Marcide (Ferrol), ao que atoparse nos últimos días do embarazo
  • O Recinto Feiral de Silleda acolle este sábado as probas do concurso-oposición para o acceso a 163 prazas es diferentes especialidades da categoría de facultativo especialista de área

Silleda (Pontevedra), 16 de marzo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; visitou esta mañá o Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), onde hoxe se levan a cabo as probas do concurso-oposición para 37 especialidades médicas do Sergas, e cuxa primeira quenda acadou unha participación do 80'3%.

Neste sentido, das 707 persoas opositoras admitidas nos exames da mañá, acudiron á realización da proba un total de 568 opositores.

A xornada de hoxe estruturouse en dúas quendas, estando convocadas un total de 1.698 persoas, para acceder a unha das 163 prazas ofertadas polo Servizo Galego de Saúde.

Nesta primeira quenda, as especialidades con maior participación foron Cirurxía Cardiovascular, e Cirurxía Oral e Maxilofacial, acadando o 100% de asistencia. Así mesmo, as especialidades de Uroloxía e de Xeriatría acadaron unha participación 95'4% e do 93'3%, respectivamente.

Cómpre salientar que, durante esta quenda de mañá, dúas aspirantes realizarán  os seus exames desde o Hospital Clínico Universitario de Santiago, e desde o Arquitecto Marcide (Ferrol), ao que atoparse nos últimos días do embarazo.

O Servizo Galego de Saúde adiou a publicación das listaxes definitivas do proceso por concurso de méritos de distintas especialidades -para traballar nos hospitais comarcais e en Saúde mental-, coa finalidade de permitir que as persoas interesadas se puideran presentar as probas de hoxe e así escoller o seu camiño profesional. Esta conxuntura, non sería posible de procederse coa publicación das listaxes, dado que impediría aos aspirantes presentarse aos exames da xornada de hoxe. Así pois, con esta decisión o Sergas ampliou as posibilidades e as opcións das persoas opositoras.

Na quenda desta tarde, e desde as 16:00h, están chamadas a participar nas probas do Servizo Galego de Saúde un total de 991 aspirantes.

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para o acceder ao recinto non se realiza o chamamento dos aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.

Ademais, a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos/das aspirantes e no desenvolvemento das probas.

Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

Data e hora das probas selectivas

Categoría/Especialidade

Data

 

 Hora

 

Facultativo/a especialista en Alergoloxía

Sábado

16 marzo

 9,30 h

Facultativo/a especialista en Anatomía Patolóxica

Facultativo/a especialista en Anxioloxía e Cirurxía Vascular

Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular

Facultativo/a especialista en Cirurxía Oral e Maxilofacial

Facultativo/a especialista en Cirurxía Pediátrica

Facultativo/a especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

Facultativo/a especialista en Dermatoloxía Médico-cirúrxica e Venereoloxía

Facultativo/a especialista en Endocrinoloxía e Nutrición

Facultativo/a especialista en Medicina Física e Rehabilitación

Facultativo/a especialista en Medicina Intensiva

Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía

Facultativo/a especialista en Nefroloxía

Facultativo/a especialista en Neurocirurxía

Facultativo/a especialista en Oftalmoloxía

Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica

Facultativo/a especialista en Otorrinolaringoloxía

Facultativo/a especialista en Pneumoloxía

Facultativo/a especialista en Psiquiatría

Facultativo/a especialista en Uroloxía

Facultativo/a especialista en Xeriatría

Médico/a Admisión e Documentación Clínica

Médico/a Asistencial do 061

Facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación

Sábado,

16 marzo

16,00 h

Facultativo/a especialista en Aparello Dixestivo

Facultativo/a especialista en Cardioloxía

Facultativo/a especialista en Cirurxía Torácica

Facultativo/a especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

Facultativo/a especialista en Hematoloxía e Hemoterapia

Facultativo/a especialista en Medicina Interna

Facultativo/a especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública

Facultativo/a especialista en Neuroloxía

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas

Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica

Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico

Facultativo/a especialista en Reumatoloxía

Médico/a Coordinador do 061

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23064 {"title":"As probas da fase de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 80,3% de participación na súa quenda de mañá","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662128\/20240316+Oposicion+SERGAS+Facultativos+especialistas+de+Area+Mana.jpg","id":"23064"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23064-as-probas-da-fase-oposicion-dos-facultativos-especialistas-area-do-sergas-acadan-80-3-participacion-na-sua-quenda-mana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.