As obras de mellora do saneamento de Lalín acadan o 70% de execución e a Xunta prevé poñelas en servizo no verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As actuacións supoñen un investimento autonómico de máis de 6,7 M€
  • O obxectivo é aumentar a capacidade dos colectores das marxes do río Pontiñas e executar un tanque de tormentas que mellore o funcionamento en tempo de chuvias e evitar vertidos
  • Neste momento están practicamente executados os 4 treitos principais de colectores e trabállase na escavación do tanque de tormentas
  • Unha vez rematada a estrutura instalaranse os equipos, previsto no mes de xullo
  • Estas intervencións completaranse coa integración paisaxística na contorna do tanque de tormentas, con árbores autóctonas e un parque infantil de homenaxe ao cocido

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

As obras de mellora do saneamento de Lalín acadan o 70% de execución e a previsión da Xunta é poñelas en servizo este mesmo verán.

Os traballos contan cun investimento autonómico de máis de 6,7 M€ e teñen como obxectivo mellorar o saneamento do núcleo urbano do municipio. Para iso executarase un novo tanque de tormentas e colectores interceptores na contorna do río Pontiñas, que permitirán acadar un funcionamento da rede municipal de saneamento máis eficiente.

Neste momento están practicamente executados os 4 treitos principais de colectores, ademais de pequenos treitos de entronque para a conexión coa rede actual. Eses treitos principais execútanse na marxe dereita e esquerda do Pontiñas, tamén para recoller as augas residuais da zona sur e levalas ao tanque de tormentas, ademais do colector que recollerá as augas da rede de Donramiro.

No tanque de tormentas, unha vez pechados os muros, estase traballando na escavación para acadar a cota de cimcimentan. A continuación rematarase a estrutura e procederase á instalación dos equipos, algo que se prevé levar a cabo no mes de xullo.

O tanque de tormentas terá unha capacidade de 5.000 m³ e vai semisoterrado, o que permitirá o baleirado por gravidade, sen bombeo. Nun edificio auxiliar instalarase un pretratamento para que o caudal que non poida derivarse á depuradora poida ser pretratado.

Estas intervencións serán completadas cun traballo de integración paisaxística destas infraestruturas de saneamento, xa que na contorna do tanque de tormentas plantaranse árbores autóctonas e habilitase un parque infantil con distintos xogos que serán unha homenaxe ao cocido, prato emblemático do concello.

Esta actuación en marcha é unha das recollidas como prioritarias no Plan Director de saneamento de Lalín, que redactou Augas de Galicia, e enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración.

Cómpre lembrar que para acadar os resultados establecidos nese Plan director, as obras do tanque de tormentas e dos colectores interceptores teñen que ir ligadas á ampliación da capacidade da depuradora, para que poida xestionar o volume de auga residual retido durante os episodios de choiva.

 A Xunta prevé ter redactado en primavera o proxecto construtivo para a ampliación da capacidade da depuradora da Corredoira, que suporá un investimento estimado que roldará os 10 M€.

Esta actuación está financiada pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte  da resposta da UE á pandemia da Covid-19.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23037 {"title":"As obras de mellora do saneamento de Lalín acadan o 70% de execución e a Xunta prevé poñelas en servizo no verán","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662125\/obras+1.jfif","id":"23037"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23037-as-obras-mellora-do-saneamento-lalin-acadan-70-execucion-e-xunta-preve-ponelas-servizo-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.