A Xunta abre o prazo para presentar propostas de aproveitamento nas parcelas da aldea modelo de Ferreiros, no concello coruñés de Ames

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de dita proposta de aproveitamento, na que se inclúen outras tres aldeas modelo de Ourense
  • A actividade principal á que está dirixida é a gandaría en extensivo e os cultivos agrícolas complementarios á explotación, así como de horta, tendo en conta tamén a plantación de froiteiras e castiñeiros para a obtención de froito
  • Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas nas aldeas modelo de Ferreiros, no concello coruñés de Ames; e outras tres na provincia de Ourense, a de Covelo, en Taboadela; de Cortegazas, en Avión; e en Soutogrande, na localidade de Vilariño de Conso.

No caso da aldea modelo de Ferreiros, na zonificación establécese como actividade principal a gandería en extensivo e os cultivos agrícolas complementarios á explotación. Como actividades secundarias, os cultivos de horta e leñosos, principalmente plantación de froiteiras e castiñeiros para obtención de froito, considerándose a maiores en toda a aldea e como actividade complementaria, o aproveitamento apícola. A súa superficie é de 9,83 hectáreas, distribuídas en 128 parcelas de 52 propietarios.

Por outra banda, nas aldeas modelo de Covelo, Cortegazas e Soutogrande o aproveitamento principal tamén está vinculado á gandaría en extensivo, complementándoa con diferentes cultivos agrícolas e tamén leñosos, con especial atención ao castiñeiro para froito. Na aldea de Soutogrande, en Vilariño de Conso, a maiores tamén se terá en conta a explotación apícola.

Presentación de propostas

Cómpre engadir que poderán presentar propostas de aproveitamento as persoas físicas e xurídicas, as administracións públicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, os solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes, e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.

Canto ás propostas, deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e aos proxectos de ordenación produtiva aprobados para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

Os interesados en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais para facer chegar as súas solicitudes, contados a partir de mañá.

As aldeas modelo en Galicia

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia inclúe as aldeas modelo como unha das súas ferramentas para a mobilización de terreo infrautilizado. A nosa comunidade conta con 21 aldeas modelo aprobadas e permitiron poñer en valor 575 hectáreas, dentro das 35.000 que se mobilizaron desde o 2020 grazas ás ferramentas incluídas en dita lei xunto coas concentracións parcelarias.

Todas estas aldeas modelo estarán en funcionamento antes de que remate o ano para cumprir co obxectivo de fomentar a posta en marcha de actividade agrogandeira en terras que se atopan en estado de abandono ou infrautilización, dinamizando os núcleos das aldeas, favorecendo a remuda xeracional e fixando poboación no rural. Esta norma, que tamén contempla outros instrumentos como os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta ou as permutas de especial interese agrario, contribúen á prevención e á defensa contra os lumes.

 

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240315/AnuncioO90-060324-0001_gl.html.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23035 {"title":"A Xunta abre o prazo para presentar propostas de aproveitamento nas parcelas da aldea modelo de Ferreiros, no concello coruñés de Ames","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23035"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23035-xunta-abre-prazo-presentar-propostas-aproveitamento-nas-parcelas-da-aldea-modelo-ferreiros-concello-corunes-ames https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.