A Xunta comparte as necesidades do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica e remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Conscientes dos problemas sufridos polo Craega na súa actual ubicación, a Xunta ofreceu en varias ocasións ao consello regulador as instalacións do CFEA de Monforte para que puideran manter a súa sede neste concello lucense
  • Entendendo que o Pazo de Tor pode ser unha alternativa idónea para o Craega, "respaldamos este traslado e pedimos a Deputación e Concello, dende a máxima colaboración institucional, que atendan esta demanda", destacou José González
  • Ademais, para potenciar este proxecto en Monforte, o conselleiro en funcións volveu poñer a disposición as instalacións do CFEA, e especialmente as súas fincas, como plataforma de transferencia de investigación a un sector fundamental en Galicia
  • Tamén puxo en valor o investimento de seis millóns de euros para a mellora das infraestruturas, renovación da maquinaria agroforestal e videoseguridade que está a realizar a Xunta nos seus CFEA, entre eles neste da localidade monfortina

Monforte de Lemos (Lugo), 15 de marzo de 2024

A Xunta apoia as necesidades e demandas do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e mantén a súa oferta de plena colaboración institucional para darlles resposta. Así o sinalou hoxe o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, tras visitar o Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Monforte de Lemos.

José González, quen tamén mantivo esta mañá un encontro co presidente do Craega, Francisco López, indicou que a Xunta, dentro da fluída relación que ten con todos os consellos reguladores de Galicia, é plenamente consciente das necesidades operativas deste organismo para poder continuar co desenvolvemento do seu traballo. Ante estes problemas, lembrou, o goberno autonómico xa ofreceu en varias ocasións as instalacións do CFEA de Monforte, sempre co obxectivo de manter a sede deste órgano na vila.

Agora, entendendo que -tal e como vén solicitando o propio Craega- o Pazo de Tor pode ser unha "alternativa fantástica", José González apelou á Deputación de Lugo para que poña a disposición do consello regulador estas instalacións. "Dende a máxima colaboración, cremos que o goberno provincial e o propio Concello de Monforte deben atender ás xustas demandas deste órgano e ceder o pazo para que se converta na súa sede institucional. As súas peticións son moi claras, lembrou, polo que "non é o momento de botar balóns fóra, senón de falar con feitos e respaldar o traballo que está desenvolvendo este organismo, e que conta co todo apoio do goberno autonómico para que manteña o seu centro de funcionamento nesta vila".

Potenciar o proxecto do Craega en Monforte

Por parte da Xunta, e para "potenciar aínda máis este ambicioso proxecto do Craega", o titular do Medio Rural en funcións volveu poñer a disposición as instalacións do CFEA da vila, e especialmente as súas fincas, como plataforma de transferencia de investigación ao sector, ademais dun soporte de formación continua moi específica para agricultura e gandaría ecolóxica.

Neste sentido, José González remarcou que, a través da cooperación institucional,  "poderemos potenciar a presenza do Craega en Monforte, coa súa sede institucional no Pazo de Tor e o respaldo no CFEA". Entre todas as partes implicadas, e coa máxima lealdade, "podemos acadar unha solución acaída para garantir o futuro do Craega nesta vila e seguir potenciando un sector estratéxico do noso rural", remarcou.

Como proba desta importancia, o conselleiro subliñou que na última década a facturación das vendas dos produtos da agricultura ecolóxica medrou un 385% e que Galicia conta actualmente con 45.600 hectáreas certificadas. Tamén, que a nosa comunidade é a primeira de España en explotacións produtoras de leite ecolóxico.

A maiores, José González trasladou que existe unha clara correlación entre o labor do Craega, o impulso á produción ecolóxica en Galicia e a defensa que fai a Xunta da calidade diferenciada. Sobre este aspecto en particular, cómpre lembrar que precisamente onte o Consello da Xunta deu o seu visto bo ao Plan de promoción de produtos agroalimentarios de calidade diferenciada para 2024, que suporá un investimento de 9,5 M€. Este esforzo enmárcase na Lei da calidade alimentaria de Galicia, como referente legal.

Mellora nos CFEA de Medio Rural

O conselleiro, que estivo acompañado nesta visita polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e pola directora do CFEA de Monforte, María Estrella Rodríguez, destacou que a Xunta traballa actualmente na mellora das instalacións deste centro, así como dos outros cinco centros dependentes de Medio Rural. Trátase dos de Guísamo, Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo), Becerreá e Lourizán (Pontevedra).

Así, José González puxo en valor o compromiso con estes centros de formación, que seguirán impulsándose despois de investir seis millóns de euros en materia de mellora das infraestruturas, renovación da maquinaria agroforestal e videoseguridade. Neste sentido, o titular de Medio Rural en funcións indicou que tamén se acometeron rehabilitacións estruturais, co fin de reforzar a súa habitabilidade e seguridade, así como actuacións nas cubertas, instalacións eléctricas, adaptacións en materia de prevención de riscos, calefaccións ou accesos.

Este CFEA, que tivo a súa orixe na Escola de Capacitación Agraria de Monforte -cuxa actividade comezou no ano 1974-, cumpriu xa, polo tanto, medio século dende a súa creación. Trátase dun centro de referencia para impartir accións formativas na modalidade semipresencial dos distintos módulos do Curso de Aptitude Empresarial Agraria. Ademais, participa activamente na formación continua para as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria alimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación; especialmente mozos e mulleres do medio rural.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23031 {"title":"A Xunta comparte as necesidades do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica e remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662125\/240315_Conse_Cabarcos_CFEA+Monforte+2.jpg","id":"23031"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23031-xunta-comparte-as-necesidades-do-consello-regulador-agricultura-ecoloxica-e-remarca-sua-colaboracion-institucional-mantena-sua-sede-monforte https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.