Preto de 1.700 facultativos convocados aos exames do Sergas en 37 especialidades médicas

Imagen del artículo Preto de 1.700 facultativos convocados aos exames do Sergas en 37 especialidades médicas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Recinto Feiral de Silleda acollerá mañá sábado as probas do concurso-oposición  para o acceso a 163 prazas na categoría de facultativo especialista de área

Silleda (Pontevedra), 15 de marzo de 2024

O Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda, acollerá mañá sábado a realización das probas do concurso-oposición do Sergas, nas que un total de 1.698 aspirantes están convocadas para acceder a unha das 163 prazas ofertadas pola Administración galega.

As prazas convocadas polo Servizo Galego de Saúde pertencen a un total de 37 especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. 

Así, ás 9:30 horas, están convocadas un total de 707 persoas opositoras e, para os exames da quenda de tarde (16:00h), foron admitidas un total de 991 aspirantes.

As categorías con maior número de aspirantes admitidos/as son: facultativo/a especialista en medicina interna (147), seguido de facultativo/a especialista en pediatría e áreas específicas (128) e facultativo/a especialista en anestesioloxía e reanimación (112). 

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para o acceder ao recinto non se realiza o chamamento dos aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.

Ademais, a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos/das aspirantes e no desenvolvemento das probas.

Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23029 {"title":"Preto de 1.700 facultativos convocados aos exames do Sergas en 37 especialidades médicas","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662125\/20240315+OPE+Sergas+Facultativos+especilistas+Area.jpeg","id":"23029"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23029-preto-1-700-facultativos-convocados-aos-exames-do-sergas-37-especialidades-medicas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.