A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade dentro da campaña Come Local no centro de educación especial de Panxón, en Nigrán

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou nunha actividade dentro desta campaña, que persegue promocionar o produto de proximidade con selo diferenciado como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia Da Granxa á mesa
  • Os actos incluíron xogos para cativos coa temática das experiencias de calidade, unha charla informativa coa participación de varios produtores e a degustación das elaboracións feitas con produtos de calidade da man de catro equipos de cociña

Nigrán (Pontevedra), 14 de marzo de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe, no Centro de Educación Especial (CEE) de Panxón (Nigrán), nunha actividade enmarcada na campaña Come Local, que ten por obxectivo promocionar o produto de proximidade con selo diferenciado como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia "Da Granxa á mesa" da Unión Europea.

A actividade organizada por esta axencia, adscrita á Consellería do Medio Rural, serviu para dar a coñecer produtos con denominación de orixe (DO), indicación xeográfica protexida (IXP) e de produción ecolóxica, así como de produtores que cooperan nesta iniciativa de promoción dos selos de calidade alimentaria galega, e tamén para impulsar o seu consumo en centros educativos.

Dentro deste proxecto de "Come Local", os produtores teñen un papel protagonista posto que baixo a fórmula de circuíto curto de comercialización e produción de temporada facilitan o acceso á comercialización das súas producións aos comedores escolares, xerando así unha rede de provedores de proximidade.

O programa de actos incluíu xogos para cativos coa temática das experiencias de calidade, unha charla informativa sobre a campaña coa participación de varios produtores e a degustación das elaboracións feitas con produtos con certificado de calidade galego da man de catro equipos de cociña. Así, as preparacións correron a cargo dos equipos do propio CEE de Panxón, xunto cos do CEIP Ría de Vigo, CEIP da Carrasqueira, CEIP A Paz-Tintureira, CPI Arquitecto Palacios e a EEI As Dunas, en colaboración co alumnado.

O menú desta xornada estivo composto por polo ecolóxico con castañas de Galicia da IXP; empanada de lacón da IXP Lacón galego, chourizo eco de porco celta e grelos ecolóxicos; queixo DOP Cebreiro con mel da IXP Mel de Galicia "ao xeito do bisneto de Celia" e fabas de Lourenzá IXP ao estilo mariño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23022 {"title":"A Xunta pon en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade dentro da campaña Come Local no centro de educación especial de Panxón, en Nigrán","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23022"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/23022-xunta-pon-valor-os-produtos-agroalimentarios-selo-calidade-dentro-da-campana-come-local-centro-educacion-especial-panxon-nigran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.