A Xunta apoiará ao sector dos ascensores no seu impulso e modernización

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, interveu en Santiago na xornada 'Oportunidades do programa de mellora da accesibilidade'

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participou esta mañá, en Santiago de Compostela, na 2ª xornada Oportunidades do programa de mellora da accesibilidade organizada pola Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega).

Na súa intervención, o secretario xeral ofreceu á asociación e ao sector a colaboración da Xunta para mellorar a seguridade e as prestacións que ofrecen tanto ao tecido empresarial como á cidadanía. Neste sentido, avanzou que o Goberno galego traballará no eido da concienciación a través do plan de fomento e difusión da seguridade industrial. O obxectivo é protexer tanto ás persoas como as instalacións e bens, achegando tamén unha maior confianza.

Nicolás Vázquez explicou que Galicia conta con 62.000 ascensores do millón
-aproximadamente- que están instalados no país e avogou por traballar no eido da accesibilidade, a seguridade, a eficiencia enerxética e a innovación e dixitalización para mellorar o sector e seguir impulsado o seu crecemento e desenvolvemento.

O secretario xeral finalizou subliñando o papel activo da Aega non só polo impulso que está dando ao sector, senón tamén pola boa marcha das empresas -que empregan a máis de 4.300 persoas- e das experiencias dos usuarios, pois ofrece un servizo 24 horas todos os días do ano.

Na xornada tamén participou o xefe da unidade técnica da Área da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Valeriano Rosales, que indicou que este mes se publicará unha nova convocatoria das axudas para mellorar a accesibilidade de diferentes inmobles de tipo residencial. Cun orzamento de case 9,5 millóns de euros, o obxectivo é facilitar a adaptación tanto exterior como interior de edificios e vivendas ás necesidades de persoas con algún tipo de discapacidade, física, sensorial ou intelectual.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23019 {"title":"A Xunta apoiará ao sector dos ascensores no seu impulso e modernización","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662122\/20240314SXINdustriaAega1.jpg","id":"23019"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/23019-xunta-apoiara-ao-sector-dos-ascensores-seu-impulso-e-modernizacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.