A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro

Imagen del artículo A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O evento, organizado por Investigal, a Rede Galega pola Investigación, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, reuniu a preto de 50 investigadoras e investigadores de orixe galega que desenvolven a súa carreira no exterior
  • Entre as iniciativas que promove a Administración autonómica para a atracción do talento destaca o Programa Oportunius, que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso ás mesmas

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia presentou a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico aos asistentes ao I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro (FIGAE), que se celebrou en Bruxelas organizado por Investigal, a Rede Galega pola Investigación, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación e co apoio da Embaixada de España en Bélxica.

A primeira edición de FIGAE reuniu a preto de 50 investigadoras e investigadores de orixe galega que desenvolven a súa carreira profesional no exterior, co obxectivo de establecer un punto de referencia que permita intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador no estranxeiro e o afincado en Galicia; dar a coñecer a investigación que está a realizar este colectivo e manter o seu contacto con Galicia co obxectivo de desenvolver unha carreira na Comunidade. Así mesmo, FIGAE serviu para dar a coñecer o ecosistema galego de I+D+i, representado pola Xunta, as universidades galegas e outros axentes e visibilizar as oportunidades de retorno de talento.

Durante o evento, a Axencia Galega de Innovación participou nunha mesa redonda sobre a estratexia de política científica, xunto a representantes da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. Nesta intervención déronse a coñecer as distintas iniciativas de atracción do talento do ecosistema galego de I+D+i. Ademais desta mesa redonda, organizáronse outros relatorios como Oportunidades de financiamento do ERC, a cargo de José M. Fernández de Labastida, xefe do Departamento Científico do European Research Council (ERC) e unha charla coloquio sobre igualdade, internacionalización e carreira investigadora. Durante as dúas xornadas de FIGAE leváronse a cabo varias charlas divulgativas sobre os proxectos científicos que desenvolve a comunidade investigadora galega no exterior. A clausura correu a cargo de Felipe Criado, director do INCIPIT (CISC) e Premio Nacional de Investigación, quen explicou os avances do proxecto XSCAPE, un estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual, que obtivo unha Synergy Grant.

Atracción de talento

Entre as iniciativas que promove a Xunta para a atracción do talento destaca o decreto que regula a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal de investigación nos organismos de investigación dependentes da Administración autonómica, unha norma que ofrece un marco laboral estable e atractivo para este colectivo, mellorando e homoxeneizando as condicións destes profesionais e creando unha senda de desenvolvemento profesional para o persoal de investigación.

Así mesmo, o Programa Oportunius ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do ERC e reforzando as opcións de acceso ás mesmas. Esta iniciativa conta coa colaboración do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde a súa posta en marcha, Galicia conta con 38 proxectos financiados polo ERC, todos eles apoiados polo Programa Oportunius, e dos cales 17 foron contratados como persoal investigador distinguido Oportunius. Ademais, está previsto que a Xunta resolva unha nova contratación e convoque tres prazas máis no marco desta iniciativa na primeira metade de 2024.

Este Foro enmárcase nas actuacións de promoción internacional da marca Galicia, entre as que se inclúe o lanzamento dun plan de comunicación internacional orientado a dar a coñecer as capacidades do ecosistema galego de I+D+i, divulgar os diferentes programas e axudas e pór en valor Galicia como un territorio atractivo para vivir e desenvolver o potencial profesional das persoas.

Entre estas accións de promoción estanse a establecer partenariados con entidades de referencia que poidan exercer como prescritores fóra de Galicia e que permitan un coñecemento directo das motivacións dos colectivos de interese. Este é o caso do acordo coa asociación RAICEX (Red de Asociaciones de Investigadores y Científicos Españoles en el Exterior), que aglutina 20 asociacións. Unha colaboración que se plasmou xa na celebración de reunións con representantes de América Latina e na participación da Axencia para presentar o ecosistema galego a dúas asociacións: CERU (Científicos Españoles en Reino Unido); CERFA (Sociedad de Científicos Españoles en la República Federal de Alemania) e CEBE (Científicos Españoles en Bélgica) en Bruxelas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23001 {"title":"A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662122\/20240314ForoInvestigadores.jpg","id":"23001"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/23001-xunta-presenta-sua-estratexia-atraccion-retencion-e-retorno-do-talento-cientifico-primeiro-foro-investigacion-galega-estranxeiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.