O DOG publica hoxe a ampliación de prazo de presentación de solicitudes das axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de activos ao agro

  • Os interesados disporán ata o día 22 de abril, un mes máis do previsto, para tramitar estas subvencións, que teñen unha gran importancia no agro galego
  • Mediante estas achegas, dotadas con 47 M€, búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción, co fin de mellorar a competitividade
  • Ademais, procúrase o rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co obxectivo último de fixar poboación no rural

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se amplía o prazo ata o 22 de abril -un mes máis do previsto inicialmente- para solicitar as axudas de apoio os investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas de agricultores mozos ou para persoas de entre 41 e 55 anos. Deste xeito, os interesados disporán de máis tempo para tramitar estas subvencións, que teñen unha gran importancia no agro galego.

A convocatoria destas achegas publicouse o pasado día 22 de xaneiro no DOG, cunha dotación económica de 47 millóns de euros. Estas subvencións pertencen ao Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) de España 2023-2027. O orzamento está cofinanciado nun 12% pola Administración xeral do Estado, nun 28% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Mediante estas axudas búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade. Ademais, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e fomentar o emprego neste sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural. 

Reparto de partidas

En particular, a partida asignada para sufragar investimentos en explotacións agrícolas (os coñecidos como plans de mellora) é de 28 millóns (27 para as explotacións e 1 millón, en concreto, para as de pequeno tamaño); para a incorporación de mozos ao agro destínanse 16 millóns de euros, aos que se lle suman 3 millóns dunha nova liña destinada para persoas de entre 41 e 55 anos.

Ligazón á publicación no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioG0426-110324-0013_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22998 {"title":"O DOG publica hoxe a ampliación de prazo de presentación de solicitudes das axudas para a mellora de explotacións e a incorporación de activos ao agro","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22998"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/22998-dog-publica-hoxe-ampliacion-prazo-presentacion-solicitudes-das-axudas-mellora-explotacions-e-incorporacion-activos-ao-agro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.