A Xunta abre o sábado o prazo de solicitude nas nove escolas infantís públicas autonómicas de Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Estes centros ofrecen máis de 670 prazas na cidade para nenos de 0 a 3 anos

Vigo, 14 de marzo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica de Bouzas, onde lembrou que este sábado abre o prazo para que as familias soliciten praza para o vindeiro curso 2024-25. Así mesmo, lembrou que este ano será o terceiro no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos os nenos e para todas as escolas, independentemente da súa titularidade.

Jacobo Rey remarcou que son nove as escolas infantís de titularidade autonómica na cidade de Vigo: esta escola infantil de Bouzas, a de Valadares, a da rúa Palencia, a escola infantil Relfas, a de Rosalía de Castro, a de Caeiro Cabral, a de San Paio, a do complexo administrativo da Xunta e a da Cidade da Xustiza. En total, estes centros ofrecen máis de 670 prazas para nenos de 0 a 3 anos.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 5 de abril e as solicitudes poderán remitirse de xeito electrónico a través da sede da Xunta de Galicia ou acudindo de xeito presencial a calquera dos rexistros oficiais. Este ano, como novidade, as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas. Desta forma, terán máis facilidades para atender ás súas necesidades de conciliación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22997 {"title":"A Xunta abre o sábado o prazo de solicitude nas nove escolas infantís públicas autonómicas de Vigo","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662122\/20240314+DXFamiliaBouzas.jpeg","id":"22997"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/22997-xunta-abre-sabado-prazo-solicitude-nas-nove-escolas-infantis-publicas-autonomicas-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.