A nova Unidade PET/TAC do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense inicia a súa actividade asistencial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta de Galicia investiu 5,7 M€ na obra e nos equipos da nova área de medicina nuclear do CHUO na que está instalada esta unidade
  • O equipo comezou esta semana a atender pacientes tras acadar a certificación do Consello de Seguridade Nuclear e completar a formación do seu persoal
  • As novas instalacións evitarán o traslado de pacientes a Vigo para unhas probas que foron solicitadas para máis de 1.600 pacientes ourensáns o ano pasado
  • A solicitude de licenza ao concello vai acompañada da demanda de bonificación do 95 % no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), tal e como fora acordado no convenio entre Xunta e concello

Ourense, 14 de marzo de 2024

A Unidade PET/TAC do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) comezou xa a atención dos primeiros pacientes, unha vez completada a fase de autorizacións e permisos por parte do Consello de Seguridade Nuclear (CSN), que comprobou todos os requisitos en materia de protección radiolóxica que son esixidos a esta instalación, para garantir a súa seguridade e a dos traballadores e pacientes.

Co obxectivo de acadar as máximas prestacións asistenciais e estándares de calidade, o persoal da Unidade vén de recibir formación especializada no coñecemento do equipo, características técnicas e todas as posibilidades diagnósticas que ofrecerá para a Área Sanitaria de Ourense.

Eficiencia

Esta unidade integra probas diagnósticas PET (Tomografía por Emisión de Positrones) e TAC (Tomografía Axial Computarizada), o que permite reducir visitas hospitalarias, e diminuír tanto os niveis de radiación que recibe o paciente como os tempos de espera.

Asemade, a decisión do goberno galego de instalar esta tecnoloxía en Ourense evitará os desprazamentos dos pacientes a outras áreas sanitarias, nunha contorna con demanda á alza destas probas, solicitadas para un total de 1.625 pacientes desta área sanitario durante o ano 2023.

Os novos equipos realizan estudos diagnósticos oncolóxicos, tanto no diagnóstico inicial como no proceso de seguimento ou monitorización da resposta ás terapias aplicadas, presentando a vantaxe de ser híbrido, dotados dunha imaxe funcional (PET) e estrutural (TAC), o que posibilita un diagnóstico precoz dos procesos tumorais, na maioría carcinomas de pulmón, cancros hematolóxicos e de próstata.

O equipo PET/TAC tamén pode realizar un diagnóstico de procesos oncolóxicos pediátricos, e de todo tipo de procesos inflamatorios/infecciosos, como en febres de orixe descoñecida, complicacións con próteses vasculares o cardíacas ou doenzas inmunolóxicas.

Diagnóstico por imaxe de alta precisión

A integración PET/TAC supón unha auténtica revolución na práctica clínica, mellorando a calidade asistencial e detallando o diagnóstico ao máximo para deseñar terapias máis axeitadas e eficaces, no eido da oncoloxía,  e procesos inflamatorios.

A tomografía por emisión de positróns ou PET emprega materiais radioactivos en cantidades moi pequenas chamadas radiotrazadores ou radiofármacos, e unha cámara e un ordenador de última xeración analizan os resultados e ofrecen un diagnóstico de máxima precisión capaz de identificar a nivel celular os cambios no corpo, polo que pode detectar nun estado temperá a aparición dunha doenza, moito antes do que poida detectar calquera outro exame por imaxe.

Ambas probas complementarias realízanse de forma simultánea e significan un extraordinario avance no diagnóstico e tratamento, entre outros nun proceso tumoral.

Nova área de medicina nuclear dentro da reforma integral do CHUO

A chegada da tecnoloxía PET ao Hospital de Ourense requiriu do deseño e construción dunha nova área de Medicina Nuclear para este centro hospitalario. Esta obra finalizou xa os espazos do PET e continuará neste ano coa área na que se instalarán as dúas gammacámaras adquiridas tamén pola Xunta este ano e que están instaladas de xeito provisional na planta baixa do edificio Santa María Nai.

Polo tanto, a Xunta de Galicia complementou os fondos europeos Next Generation que permitiron adquirir o PET (1,5 millóns) e as dúas gammacámaras (1,4 millóns) coa execución dunha obra que ascende ata os 2,8 millóns de euros. Así, unha vez rematadas as obras e a instalación destes equipos, a Xunta terá investido 5,7 millóns de euros neste novo servizo de Medicina Nuclear.

Este investimento para a nova área de medicina nuclear insírese nos 80 millóns de euros investidos durante a presente lexislatura pola Xunta de Galicia en actuacións de reforma integral e ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense,

Así, o goberno galego non só instalou este PET e outros equipos tecnolóxicos de alta gama senón que está a rematar tamén a obra da nova UCI e continuando a construción do novo edificio de hospitalización e materno-infantil ao tempo que ten o compromiso de licitar este ano as reformas das áreas de cardioloxía e radioloxía intervencionistas, nas que terán a súa localización definitiva os equipos de hemodinámica e neurorradioloxía adquiridos o ano pasado a través de fondos europeos Next Generation.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22996 {"title":"A nova Unidade PET\/TAC do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense inicia a súa actividade asistencial","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662122\/20230314+Pet+Ourense+CHUO3.jpeg","id":"22996"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/22996-nova-unidade-pet-tac-do-complexo-hospitalario-universitario-ourense-inicia-sua-actividade-asistencial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.