A Xunta enxalza os produtos galegos de calidade diferenciada na entrega e premios da XV de 'Santiago(é)tapas'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, fixo hoxe entrega dun lote de produtos Experiencias de Calidade aos gañadores das categorías patrocinadas pola Axencia
  • A Consellería sumou este ano tres premios especiais ás mellores tapas nas categorías de Tapa Doce, Tapa Creativa e Tapa Tradicional
  • Cabarcos e os profesionais da cociña puxeron en valor o produto galego con certificación de calidade, remarcando que consumindo estes alimentos axúdase aos produtores locais e contribúese a dinamizar o rural galego

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, fixo hoxe entrega dun lote de produtos amparados por selos de calidade diferenciada aos gañadores das categorías patrocinadas pola Axencia na XV edición Santiago(é)tapas, que se celebrou do 15 de febreiro ao 3 de marzo en Santiago de Compostela.

A Axencia sumou este ano tres premios especiais ás mellores tapas nas categorías de Tapa Doce, Tapa Creativa e Tapa Tradicional, facendo entrega aos gañadores dun destes lotes. Cada un deles contén botellas dos viños branco e tinto gañadores nas Catas de Galicia 2023, queixo San Simón da Costa premiado nas Catas de Galicia 2023, Mel de Galicia IXP distinguido co ouro nas Catas de Galicia 2023 bote de Grelos de Galicia IXP, un saquiño de Faba de Lourenzá IXP, chourizos de Artesanía Alimentaria, marmelada de produción ecolóxica, crema de Castaña de Galicia IXP e Tarta de Santiago IXP.

Ambos galardoados recibiron os lotes de mans de José Luis Cabarcos. Neste encontro, no que visitou os dous locais, coincidiu cos seus responsables de cociña sobre os beneficios e as posibilidades que ofrece o produto galego con certificación de calidade á hora de crear as súas elaboracións, remarcando que o consumo de alimentos galegos con certificado de calidade axuda aos produtores locais e contribúe a dinamizar o rural galego.

Colaboración da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria colaborou neste concurso organizado por Turismo de Santiago, en coordinación con Hostalería Compostela, co fin de poñer en valor os produtos galegos de calidade contrastada, tal e como figura nas propias bases, que indican como requisito que as tapas inclúan na súa elaboración produtos de distintas denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados.

A colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria estivo moi presente en todo o concurso, xa que a entidade tamén  fixo entrega ao comezo do certame dun welcome pack a cada un dos locais rexistrados, e regalou máis de cen produtos para repartir entre o público que finalizou as diferentes (é)Tapas, entre eles, botes da IXP Grelos de Galicia ou packs de produtos de Artesanía Alimentaria, así como lotes de queixos, viños, licores e augardentes con selo de calidade diferenciada.

Outros premiados nesta edición foron tamén a Cachucha, grelo e calçot, de Nómade á mellor tapa en maridaxe con viño; Bomba de polbo á feira, de La Planta, Mellor tapa en maridaxe con cervexa, e Castaña Doce, de La Maceta, como Mellor tapa sen glute.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22993 {"title":"A Xunta enxalza os produtos galegos de calidade diferenciada na entrega e premios da XV de 'Santiago(é)tapas'","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/240313_Cabarcos_Santiagoetapas.jpeg","id":"22993"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22993-xunta-enxalza-os-produtos-galegos-calidade-diferenciada-na-entrega-e-premios-da-xv-santiago-e-tapas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.