A Xunta licita por 1,3 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar

  • Actuarase nas estradas PO-340, PO-331 e PO-332
  • As intervencións consistirán na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, ademais do repintado das marcas viarias
  • Como actuacións complementarias inclúense a reposición de pasos sobreelevados e o pavimentado da zona de aparcamento
  • As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas para executar estas obras ata o vindeiro día 8 de abril
  • O obxectivo da Xunta é iniciar as obras en verán e telas rematadas este mesmo ano
  • A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, destinando este ano 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por importe de 1.348.550 euros as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 8 de abril.

O obxectivo da Xunta é adxudicar os traballos no mes de xuño e iniciar as obras no verán para telas executadas neste mesmo ano.

As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo no treito da PO-340, a estrada Tui  e A Ramallosa, entre os puntos quilométricos 17+000 e 21+500; na PO-331, que une Torneiros e Gondomar, desde o quilómetro 14+460 ao 19+060; e no treito inicial da estrada PO-332, Nigrán-Vincios, do quilómetro 0 ao 8+560.

As actuacións teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas 3 estradas.

Como actuacións complementarias inclúense a reposición de pasos sobreelevados e o pavimentado da zona de aparcamento, mediante a retirada do material granular existente ata una profundidade de 30 cm, para a continuación repoñer cunha sección de firme.

As actuacións completáranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

As actuacións obxecto deste contrato non implican a realización de expropiación algunha, xa que todas están incluídas dentro da franxa de dominio público.

No que vai de ano a Xunta leva licitados traballos de mellora do firme nas estradas autonómicas por importe de preto de 20 M€.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro ano 53 M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22987 {"title":"A Xunta licita por 1,3 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22987"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22987-xunta-licita-1-3-m-as-obras-mellora-do-firme-3-estradas-autonomicas-ao-seu-paso-polos-concellos-nigran-e-gondomar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.