A Xunta salienta o intenso labor de clubs do deporte galego como o Racing de Ferrol a prol da reciclaxe e da concienciación social neste eido

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  •  O club ferrolán adhírese á campaña Somos especiais, reciclamos e fomentará no estadio da Malata a recollida selectiva de envases ca instalación de 76 papeleiras e contedores para uso dos 7.000 afeccionados que acoden a cada partido 
  • Ángeles Vázquez destaca a importancia dunha colaboración que xa se mantén con outras entidades como o Club Deportivo Lugo e o Club Baloncesto Breogán e que permitiu recuperar ata o momento máis de 20.000 envases de distintos materiais
  • A vicepresidenta segunda en funcións puxo en valor os avances da comunidade na recollida selectiva, que aumentou un 40% desde 2017 no caso do contedor amarelo e un 20% no do azul, ao tempo que se reduciu a presenza de residuos impropios

Ferrol, 13 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia salienta o compromiso e o intenso labor que realizan os clubs do deporte galego a prol da reciclaxe e da concienciación social neste eido mediante a súa colaboración en campañas como Somos especiais, reciclamos, á que se adheriu hoxe o Racing Club de Ferrol. 

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de fomentar a reciclaxe nas instalacións deportivas e puxo en valor este tipo de accións que promoven o compromiso co medio ambiente do conxunto da cidadanía.

A responsable autonómica detallou que esta iniciativa -na que colaboran o Executivo galego, o club ferrolán, o Concello e Ecoembes- fomentará a reciclaxe no estadio da Malata desde esta fin de semana ata finais da tempada coa instalación de 76 novas papeleiras e contedores -azuis e amarelos- que facilitarán a reciclaxe selectiva de envases plásticos, briks, latas, papel e cartón. Deste xeito promoverase a conciencia medioambiental entre os 7.000 afeccionados que asisten a cada partido.  

A vicepresidenta segunda en funcións agradeceu o compromiso do Racing Club de Ferrol con esta acción, na que participan xa desde o ano pasado o Club Deportivo Lugo e o Club Baloncesto Breogán, unha colaboración que permitiu recuperar ata o momento máis de 20.000 envases de plástico, latas, briks, papel e cartón.    

Ángeles Vázquez puxo de relevo que estas campañas contribúen a sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a necesidade de coidar e conservar o medio ambiente contribuíndo a acadar unha Galicia máis verde e de futuro. 

Iniciativa

A campaña Somos especiais, reciclamos forma parte do acordo de colaboración entre a Xunta e Ecoembes co fin de impulsar a economía circular en Galicia e sensibilizar a sociedade galega sobre a importancia de reciclar. Neste sentido, o Executivo galego realizou anteriormente accións formativas e de limpeza en materia de recollida con outros clubs deportivos galegos como o RC Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, o Liceo de hóckey a patíns, o Santiago Futsal ou o Leyma Coruña de baloncesto. 

A vicepresidenta segunda en funcións puxo en valor que este tipo de colaboracións contribúen a mellorar as taxas de recuperación dos residuos de envases, un hábito que cada vez está máis instaurado nos fogares. De feito, a recollida selectiva de envases no contedor amarelo incrementouse case un 40% desde 2017, e un 20% no caso do contedor azul, reducíndose cada vez máis a proporción de residuos impropios depositados neses colectores. 

Ángeles Vázquez defendeu a necesidade de avanzar nesta estratexia para converter Galicia nun verdadeiro refuxio climático apostando polas boas prácticas en materia de reciclaxe coa unión entre deporte, compromiso e sensibilización ambiental. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22986 {"title":"A Xunta salienta o intenso labor de clubs do deporte galego como o Racing de Ferrol a prol da reciclaxe e da concienciación social neste eido","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/240313+AVM+RECICLAXE+RACING+FERROL.jpeg","id":"22986"} galicia Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22986-xunta-salienta-intenso-labor-clubs-do-deporte-galego-como-racing-ferrol-prol-da-reciclaxe-e-da-concienciacion-social-neste-eido https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.