A Xunta licita por 280.000€ o estudo para avaliar alternativas para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Ribadeo co fin de ter redactado o proxecto construtivo da máis eficaz no verán de 2025

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Vázquez Mourelle concreta que se prevé adxudicar o contrato no 4º trimestre, iniciar os traballos este ano e ter redactado o proxecto da solución escollida no verán do vindeiro ano
  • Trátase de actuar na rede de saneamento, que na súa maior parte é unitaria, o que fai que a capacidade do colector sexa insuficiente en tempo de choiva, provocando alivios
  • A solución podería pasar, entre outras, pola execución dun tanque de tormentas na zona portuaria, prevéndose un investimento de máis 3 M€ nas intervencións necesarias
  • O estudo debe considerar as singularidades deste municipio, onde parte da carga de augas residuais xeradas se atopan na zona da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, autonómica, e outra parte na do Cantábrico Occidental, estatal
  • As empresas teñen de prazo ata o 26 de abril para presentar ofertas a este contrato
  • Estas actuacións sumaranse a outras executadas en Ribadeo, como a depuradora que a Xunta explota desde 2011, cun investimento previsto de máis de 18 M€ ata 2030
  • Na comarca da Mariña, o Goberno galego tamén optimizou o saneamento de Viveiro, coa ampliación da depuradora e a mellora do saneamento de Celeiro, cun orzamento de 8 M€
  • A Xunta está a impulsar a mellora do saneamento de Foz, coa rede de colectores e a depuradora, cun investimento de 12 M€; e mobilizará 13 M€ no saneamento de Burela

Ribadeo (Lugo), 13 de marzo de 2024

A Xunta licita por 280.000€ o estudo para avaliar alternativas para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Ribadeo co fin de ter redactado o proxecto construtivo da máis eficaz no verán de 2025.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, xunto co xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, presentou hoxe en Ribadeo este avance administrativo que dá resposta á solicitude do Concello, no marco da colaboración que se vén mantendo.

O obxectivo do contrato é elaborar e desenvolver as propostas para mellorar o saneamento do núcleo urbano de Ribadeo. As empresas teñen ata o 26 de abril para presentar ofertas.

Vázquez Mourelle concretou que a previsión é adxudicar o contrato no 4º trimestre, iniciar os traballos este ano e ter redactado o proxecto da solución escollida no verán de 2025.

Trátase de actuar na rede de saneamento no núcleo urbano, que na súa maior parte é unitaria, o que fai que a capacidade do colector sexa insuficiente en tempo de choiva, provocando alivios ao medio.

A extensión de rede supera os 60 km de colector, entre rede unitaria, fecais e pluviais, onde o punto máis problemático é o aliviadoiro da estación de bombeo de augas residuais do Mariñeiro, no peirao de Porcillán, na zona do porto. Neste sentido, minimizaranse os alivios á ría de Ribadeo cun alto valor ambiental.

Indicou que a solución podería pasar, entre outras, pola execución dun tanque de tormentas na zona portuaria, prevéndose un investimento de máis 3 M€ nas intervencións necesarias.

Ethel Vázquez sinalou que o estudo debe considerar as singularidades deste municipio, onde parte da carga de augas residuais xeradas se atopan na zona da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, de responsabilidade autonómica, e outra parte na demarcación do Cantábrico Occidental, estatal.

Ademais, parte das actuacións a acometer para mellorar o saneamento están en zona de dominio público marítimo-terrestre, dependente de Costas do Estado, o que implica maior complexidade administrativa.

Aposta polo saneamento das rías

Ethel Vázquez lembrou que a Xunta investiu máis de 1.100 M€ para mellorar a calidade das augas das rías, conscientes da importancia para actividades económicas como a pesca, a acuicultura, o marisqueo ou o turismo.

Detallou que na comarca da Mariña, construíuse a depuradora de Ribadeo que explota a Xunta desde 2011, o que supón un investimento previsto de máis de 18 M€ ata 2030; e optimizouse o saneamento de Viveiro, coa ampliación da depuradora e a mellora do saneamento de Celeiro cun orzamento de 8 M€.

Engadiu que tamén se están a impulsar os traballos de mellora do saneamento de Foz, coa nova rede de colectores e a depuradora, cun investimento de máis de 12 M€; e se mobilizarán máis de 13 M€ no saneamento de Burela, coas obras do colector xeral e da estación de bombeo xa adxudicadas, e avanzando no convenio co Concello para executar a nova depuradora.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22984 {"title":"A Xunta licita por 280.000€ o estudo para avaliar alternativas para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Ribadeo co fin de ter redactado o proxecto construtivo da máis eficaz no verán de 2025","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/1+IMG_3694.jpg","id":"22984"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22984-xunta-licita-280-000-estudo-avaliar-alternativas-mellora-do-saneamento-nucleo-urbano-ribadeo-co-fin-ter-redactado-proxecto-construtivo-da-mais-eficaz-veran-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.