A Xunta recibe 26 ofertas para executar a 1ª fase do saneamento da parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, que suporá un investimento de preto de 1,7 m€

  • Das 26 ofertas presentadas para desenvolver esta obra, 5 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 31 empresas
  • Trátase de executar unha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede de Ribadetea, que conduce as súas augas residuais ata a estación de bombeo  para dirixilas á depuradora da Moscadeira
  • Tamén se construirán dúas estacións de bombeo novas en Mourade e A Freixa e renovarase a que xa existe 
  • O obxectivo da Xunta é iniciar os traballos no segundo semestre do ano, cun prazo de execución de 6 meses
  • As obras sentan as bases para dotar dunha rede completa de saneamento a máis de 1.000 habitantes, eliminado risco de contaminación na contorna do río Tea, Zona de Especial Conservación e Rede Natura 2000
  • A actuación enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello, que establece o compromiso da Administración autonómica de executar as obras e de financialas nun 80%, con máis de 1,3 M€ 

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de recibir 26 ofertas para executar as obras da primeira fase do saneamento da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas, que suporán un investimento total de preto de 1,7M€.

Das 26 ofertas presentadas para desenvolver esta actuación, 5 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 31 empresas.

Trátase de executar unha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede existente na parroquia de Ribadetea, que conduce as augas residuais á estación de bombeo da Freixa para, posteriormente, dirixilas á depuradora da Moscadeira, situada na parroquia de Ponteareas.

Baixo este contrato, a  empresa adxudicataria, acometerá a construción de 2 estacións de bombeo novas, na Freixa e en Mourade, así como a renovación dos equipos de bombeo da estación de bombeo xa existente da Freixa, xunto coa correspondente rede por impulsión.

Seguindo o deseño do proxecto licitado, na execución das redes que funcionan por gravidade empregaranse tubaxes de PVC de diámetros de 250 e 315 mm. Serán, en total, 3.225 metros de rede, divididos en 3 treitos principais e os seus correspondentes ramais.

O obxectivo da Xunta é iniciar estas obras no segundo semestre desta ano,  que contan cun prazo de execución de 6 meses.

Estas obras sentan as bases para dotar dun servizo de saneamento eficiente e acorde ás súas necesidades a unha poboación de máis de 1.000 habitantes da parroquia de Ribadetea. Ademais, permitirán reducir os riscos de contaminación nas proximidades do río Tea, unha zona catalogada como Zona de Especial Conservación e parte da Rede Natura 2000.

Con esta primeira fase das intervencións dotarase a futuro do servizo de saneamento a toda a parroquia, tendo en conta que a urbanización da Freixa xa dispón deste servizo, ademais de resolver os problemas actuais, ao eliminar os sistemas individuais de saneamento existentes que presentan carencias.

Estes traballos, licitados por máis de 1,5 M€, enmárcanse no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas, cun orzamento de preto de 1,7 M€. A Xunta achega o 80% do investimento, con máis de 1,3 M€ e executará as obras; e o Concello destina ás actuacións case 334.000 euros, o 20% restante, e disporá os terreos.

As actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da Política Común de España 2023-2027 (PEPAC) en Galicia.

Para impulsar as obras de dotación de saneamento á parroquia de Ribadetea é necesario ampliar a capacidade da depuradora municipal, de forma que lle sexa posible recibir e tratar un maior volume de augas residuais. Esa actuación de ampliación da depuradora da Moscadeira xa está en marcha, ao abeiro dun convenio entre o Concello, a Xunta de Galicia e a sociedade estatal Acuaes, que executa a actuación, declarada de Interese Xeral do Estado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22973 {"title":"A Xunta recibe 26 ofertas para executar a 1ª fase do saneamento da parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, que suporá un investimento de preto de 1,7 m€","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22973"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22973-xunta-recibe-26-ofertas-executar-1-fase-do-saneamento-da-parroquia-ribadetea-ponteareas-supora-investimento-preto-1-7-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.