A Xunta recibe 13 ofertas para dotar do servizo de saneamento e depuración de augas residuais varios núcleos de Lousame cun investimento de 1,1 M€

  • Das 13 ofertas presentadas para desenvolver este servizo, 3 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 16 empresas
  • Trátase de garantir un servizo municipal axeitado e eficiente aos veciños de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e a parte do núcleo de Croído
  • Executarase unha rede de saneamento que recollerá as augas residuais destes núcleos cara a unha nova depuradora
  • A nova planta de tratamento executarase na parcela proposta polo Concello xunto ao rego Pesqueira, na zona de Rocheira
  • A previsión é iniciar as obras este mesmo ano para que o saneamento nestes núcleos de Lousame e a nova depuradora estean rematados a finais de 2025
  • As obras enmárcanse no convenio de colaboración polo que a Xunta financia o 80% dos traballos, coa achega de máis de 887.000 €, e o Concello o 20% restante

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, acaba de recibir 13 ofertas para levar o servizo de saneamento e depuración de augas residuais a varios núcleos da parroquia de San Xoán de Lousame, que na actualidade non contan cun sistema de depuración axeitado.

Das 13 ofertas presentadas para desenvolver este servizo, 3 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 16 empresas.

Esta actuación, cun investimento total de 1,1 M€, ten como obxectivo dotar de saneamento axeitado e eficiente aos veciños de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e tamén parte do núcleo de Croído. 

A través deste contrato trátase de resolver a situación actual e garantir un sistema de saneamento eficiente aos veciños destes 5 núcleos e tamén a parte da veciñanza do núcleo de Croído, polo que as obras obxecto deste contrato permitirán executar unha rede de saneamento que recollerá as augas residuais destes núcleos.

Esas augas serán conducidas a unha nova depuradora, que se vai executar xunto ao rego Pesqueira, na zona de Roucheira, na parcela que propuxo o Concello.

Concretamente, proxéctase a execución de 3 colectores de saneamento, cunha lonxitude que supera os 1,2 km; ademais dunha impulsión no núcleo de Costa, de preto de 400 metros de lonxitude.

Un dos colectores construirase na marxe esquerda da estrada provincial (DP-4201), na intersección de Croído; e outro na zona do campo de fútbol da Silva para chegar ata a nova depuradora prevista. 

O terceiro colector parte da rede existente de Costa e chega ao novo pozo de bombeo deste núcleo, que recollerá as augas residuais de 3 deses núcleos (Berrimes, As Quintáns e A Costa), impulsándoas cara ao colector para logo levalas á nova depuradora.

A nova depuradora estará dotada con pretratamento, decantación primaria e secundaria, medida de caudal de auga tratada e bypass que permitirá o alivio na arqueta de entrada.

Estas actuacións, a rede de colectores, o pozo de bombeo e a nova estación depuradora permitirán tratar as augas de preto de 400 habitantes equivalentes destes núcleos de poboación de Lousame.

A previsión da Xunta é iniciar as obras este mesmo ano para que o saneamento nestes núcleos de Lousame e a nova depuradora estean rematados a finais de 2025. Os traballos contan cun prazo de execución de 9 meses.

Estes traballos enmárcanse no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello  de Lousame, cun orzamento de 1,1 M€. A Xunta achega o 80% do investimento, con máis de 887.000 €; e o Concello financiará o 20% restante.

Estas obras están cofinanciadas pola UE a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O Goberno galego mantén o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que estes poidan prestar de xeito eficaz as súas responsabilidades nos servizos municipais de saneamento, depuración e abastecemento e  continuar mellorando a calidade de vida da poboación no rural.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22966 {"title":"A Xunta recibe 13 ofertas para dotar do servizo de saneamento e depuración de augas residuais varios núcleos de Lousame cun investimento de 1,1 M€","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22966"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22966-xunta-recibe-13-ofertas-dotar-do-servizo-saneamento-e-depuracion-augas-residuais-varios-nucleos-lousame-cun-investimento-1-1-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.