A Xunta remata a nova senda entre Proame e O Cancelo, no concello da Laracha, que supuxo un investimento de case 1,5 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Habilitouse unha senda de uso mixto para peóns e ciclistas na marxe esquerda da vía, con 2,2 km de lonxitude e un ancho medio de 2,5 metros
  • Na zona de vivendas e negocios acondicionáronse aparcadoiros en liña, mellorouse a accesibilidade das paradas de autobús e dispúxose unha pasarela coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe
  • A nova senda reforzará a seguridade dos veciños e favorecerá os desprazamentos a pé, ao conectar as vivendas da zona de Proame cos principais servizos do municipio
  • O novo itinerario dá continuidade aos xa rematados entre O Cancello e A Laracha, de 2 km, e ao que une A Laracha e Paiosaco, cun investimento total da Xunta de 3 M€

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A Xunta rematou as obras da nova senda entre Proame e O Cancelo, no concello da Laracha, que supuxeron un investimento autonómico de case 1,5 M€.

Os traballos están finalizados, restando tan só a colocación de aproximadamente 10 metros de varanda, que se acometerá esta mesma semana, previsiblemente o xoves.

Esta actuación completa un itinerario peonil continuo de máis de 7 quilómetros ao longo da estrada autonómica AC-552 ao seu paso por este municipio.

O novo itinerario ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños, conectando as vivendas da zona de Proame cos servizos e equipamentos do municipio.

Trátase dunha senda de uso mixto, peonil e ciclista, pola marxe esquerda e en paralelo á estrada AC-552, de 2,2 quilómetros de lonxitude e cun ancho medio de 2,5 metros. 

O itinerario executouse en formigón coloreado, cor terriza, para unha maior integración na contorna. Dispúxose, ademais, unha franxa verde de separación que oscila entre os 1 e os 2 metros, en función do ancho dispoñible, e elevada sobre a beiravía.

Nas zonas de vivenda ou de negocios habilitáronse aparcadoiros en liña e tamén se mellorou a accesibilidade das paradas de autobús, dispoñendo máis espazo para os peóns e pavimento táctil diferenciado nas zonas de cruce e nas propias paradas.

Ademais, coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe, executouse unha pasarela de preto de 16 metros de longo, onde esta semana se colocará a varanda metálica, para continuar o itinerario.

A senda dá continuidade aos itinerarios xa rematados en anos anteriores: entre O Cancelo e A Laracha, de 2 km; e entre A Laracha e Paiosaco, cun investimento total da Xunta de 3 millóns de euros.  

A intervención foi financiada no marco do programa do Fondo Europeo REACT-EU.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22948 {"title":"A Xunta remata a nova senda entre Proame e O Cancelo, no concello da Laracha, que supuxo un investimento de case 1,5 M€","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/240308+Senda+Laracha_1.jpg","id":"22948"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22948-xunta-remata-nova-senda-proame-e-cancelo-concello-da-laracha-supuxo-investimento-case-1-5-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.