A Xunta financiará obras de mellora no centro de día público para maiores de Valga

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As actuacións desenvolveranse a través dun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a Administración autonómica, que financiará os traballos, e o ente local, que os executará

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, entrevistouse hoxe co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, para estudar novas vías de colaboración que permitan seguir mellorando a atención ás persoas maiores do municipio. Con este obxectivo, Fabiola García asinou un convenio co alcalde para mellorar as instalacións do centro de día, que forma parte da rede pública da Xunta de Galicia.

Este convenio desenvolverase a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que financiará as actuacións que se leven a cabo no equipamento e que se encargará de executar o Concello. O investimento previsto para esta intervención é de arredor de 20.000 euros.

Estas melloras sumaranse a outras xa feitas nesta infraestrutura, e que consistiron na mellora da accesibilidade e funcionalidade do servizo. Fai catro anos Xunta e Concello rubricaron un convenio de colaboración para a instalación dun ascensor neste centro de día, por un montante de 75.000 euros.

Outro dos asuntos tratados na xuntanza foi o funcionamento do Centro Ocupacional de Discapacidade, instalación municipal que atende a persoas e familiares de Valga e doutras localidades limítrofes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22947 {"title":"A Xunta financiará obras de mellora no centro de día público para maiores de Valga","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/20240312+ConselleiraFabiolaGarciaAlcaldeValga2.jpg","id":"22947"} galicia C. de Política Social e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22947-xunta-financiara-obras-mellora-centro-dia-publico-maiores-valga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.