A Xunta avanza nas obras de construción da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, cun orzamento de algo máis dun millón de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As instalacións, situadas na provincia de Ourense, consisten nunha nova edificación destinada a aloxar á brigada helitransportada e á tripulación en dous espazos diferenciados, cunha superficie de 281 metros cadrados
  • Tamén se está a remodelar a antiga caseta dos pilotos e a parcela onde se atopa o heliporto, co fin de dispoñer dun lugar para localizar a nova emisora e dunha pista de despegue e aterraxe para aeronaves
  • Estas actuacións forman parte do Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

A Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, está avanzar nas obras da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, situada na provincia de Ourense, e que contan cun orzamento de 1.120.864,50 euros. 

Estas novas instalacións consisten nunha nova edificación destinada a aloxar á brigada helitransportada e á tripulación en dous espazos diferenciados. As instalacións contan cunha superficie construída de 281 metros cadrados, distribuída nunha planta baixa con vestiarios, aseos, zonas de lecer e todo o necesario para que o persoal do servizo poida conciliar traballo e descanso; ademais dun soto. A maiores, tamén se está a remodelar a antiga caseta dos pilotos, onde se localizará a nova emisora da base.

As actuacións inclúen o acondicionamento da parcela do heliporto, co fin de poder dispoñer dunha plataforma dedicada ao despegue e aterraxe destas aeronaves e unha segunda plataforma na que se situarán tres postos de aparcamento para estes aparellos.

Plan de infraestruturas da Consellería do Medio Rural

As obras da base aérea de San Xoán de Río están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural. Neste sentido, o Goberno autonómico destinará nos vindeiros tres anos case 24 millóns de euros para completar este plan no período 2021-2026, orzamentado nun total de 43 millóns.

Esta iniciativa fai referencia, por unha banda, aos labores de reforma, adaptación e mellora da rede de oficinas rurais e, pola outra, ás intervencións en marcha e previstas nas instalacións asociadas ao dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais e á Administración forestal. 

Actualmente estase a realizar unha profunda mellora e actualización das bases de unidades operativas (BUO) que están distribuídas por todo o territorio galego. Para o deseño das novas infraestruturas trabállase cun sistema modular eficiente, con materiais ecolóxicos e reciclables e cun papel moi protagonista da madeira galega de piñeiro e castiñeiro. Na provincia de Ourense destaca a BUO de Muíños -unha das novas construcións levadas a cabo no marco deste Plan-, que estará operativa nesta mesma campaña.

No referido ás bases de medios aéreos, o Plan pon en valor estas instalacións, definíndoas como un factor clave para a optimización na resposta ante a ocorrencia dun incendio. Neste sentido, sobresae a nova base transfronteiriza de Verín-Oímbra -que entrará en funcionamento neste campaña-, que poderá ser utilizada ata por seis aeronaves de carga en terra, e que contará tamén cun heliporto con capacidade de ata catro aparatos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22941 {"title":"A Xunta avanza nas obras de construción da nova base de medios aéreos de San Xoán de Río, cun orzamento de algo máis dun millón de euros","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/240312_Obras+San+Xoan+de+Rio+I.jpeg","id":"22941"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22941-xunta-avanza-nas-obras-construcion-da-nova-base-medios-aereos-san-xoan-rio-cun-orzamento-algo-mais-dun-millon-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.