A Xunta coordina coas organizacións profesionais agrarias as reclamacións da fronte común para reclamar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega

Imagen del artículo A Xunta coordina coas organizacións profesionais agrarias as reclamacións da fronte común para reclamar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego e estas entidades coinciden en que as propostas do Ministerio para flexibilizar o Pepac son insuficientes, e non atenden ás particularidades de Galicia nin das CCAA da cornixa cantábrica, coas que tamén se traballa para un posicionamento común
  • Xunta e os representantes de UUAA, SLG, Asaga, Agaca e Fruga volveron a insistir na  necesidade de reducir a carga burocrática que soportan os agricultores e gandeiros derivada da nova PAC
  • Entre outros puntos de encontro, na reunión coincidiron en demandar a voluntariedade do caderno dixital e a non aplicación da normativa vencellada á figura do veterinario de explotación
  • No corto prazo, ante a negociación aberta para flexibilizar o Pepac, consensuarán un posicionamento para esixir a modificación deste plan atendendo ás especificidades de Galicia
  • Ademais, as organizacións agrarias achegarán as súas propostas de cara á batería de medidas na que traballa a Xunta referidas a políticas estatais ou comunitarias chave para o futuro do sector, como esixir a introdución obrigatoria de cláusulas espello nos tratados comerciais internacionais

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, reuniuse hoxe por videoconferencia con representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaga, Agaca e Fruga, as principais asociacións profesionais agrarias de Galicia.  O obxectivo desta xuntanza foi avanzar na postura conxunta de Galicia diante do debate sobre o futuro da PAC, no marco das reunións técnicas que se están celebrando en Madrid entre o Goberno e as comunidades autónomas para flexibilizar o Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027. 

Tal e como anunciara o pasado venres en rolda de prensa, José González mantivo este encontro cos representantes dos agricultores e gandeiros galegos para avanzar no deseño consensuado do documento que Galicia trasladará ao Goberno de España, como resposta ao posicionamento do Executivo na negociación para flexibilizar o Pepac, e para o que tamén manterá esta semana unha reunión de traballo cos seus homólogos da Cornixa cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco), coa mesma finalidade de fixar unha posición común neste proceso. 

Xunta e representantes das organizacións agrarias volveron a coincidir no encontro desta tarde tanto na insuficiencia das modificacións propostas ata o de agora polo Goberno, do que se volveu a lamentar a falta de diálogo, coma na urxencia de reducir a carga burocrática que hoxe soportan os agricultores e gandeiros derivada da nova PAC. 

Na reunión volveu quedou clara a demanda común de goberno autonómico e representantes das entidades profesionais agrarias sobre cuestións coma a voluntariedade no uso do caderno dixital e a non aplicación da normativa vencellada á figura do veterinario de explotacións. Exemplos, remarcou o conselleiro do Medio Rural en funcións, dunha "lexislación comunitaria deseñada a costas do territorio, e que está a impoñer trabas aos nosos produtores en lugar de traballar para garantir a viabilidade dun sector fundamental para o futuro de Europa". 

Adaptar o novo Pepac ás características de Galicia

Neste sentido, a corto plazo, Xunta e organizacións agrarias traballarán para consensuar un posicionamento común de cara ao proceso de negociación da Pepac 2023-2027, que se está desenvolvendo nestes momentos entre o Ministerio de Agricultura e as comunidades autónomas. 

O conselleiro en funcións remarcou que Galicia solicita ao Goberno flexibilizar a normativa comunitaria e que se axuste á realidade e ás peculiaridades do territorio galego en concreto e de toda a Cornixa cantábrica en xeral. Neste sentido, o conselleiro advertiu hoxe que a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), "con total claridade, non se adecúa a Galicia nin, por extensión, ás comunidades autónomas do Cantábrico". Así, sinalou que o territorio galego ten unhas condicións moi específicas (minifundismo, pluviometría, tamaño das explotacións ou tipos de solo, entre outras) que esixen un redeseño concreto de determinadas medidas da PAC, algo que -engadiu- "ata o de agora non se está facendo".

Na reunión desta tarde, ademais de reducir a mencionada carga administrativa das explotacións, coincidiron noutras cuestións como a necesaria modificación dos ecorrexímenes e a chamada "condicionalidade reforzada" para adaptarse á realidade galega e non prexudicar aos agricultores e gandeiros galegos. Unha situación que xa fora advertida ao Goberno ao longo da negociación da nova Pepac.

Traballar por un posicionamento común en cuestións estratéxicas para o futuro do agro

En paralelo, xunto á negociación da flexibilización de Plan Estratéxico da PAC, as organizacións agrarias tamén achegarán as súas propostas ao amplo paquete de medidas que a Xunta quere coordinar con estes axentes e o resto das comunidades autónomas da cornixa cantábrica, en cuestións estratéxicas para o futuro do agro -a nivel estatal e comunitario-.

Este documento conta con catro grandes bloques, comezando precisamente pola solicitude de revisión de toda a normativa nacional derivada das directivas europeas da nova PAC. Neste primeiro bloque ten un especial protagonismo a necesidade de reducir a burocracia imposta aos agricultores e gandeiros, en cuestións xa mencionadas como flexibilizar o caderno dixital das explotacións ou potenciar as asociacións de defensa sanitaria gandeira fronte á figura do veterinario de explotación; ou alixeirar as inspeccións para facilitar o traballo cotiá dos produtores. 

Ademais, outras reclamacións de Galicia -incluídas na segunda e terceira parte deste documento- e nas que tamén coincide coas asociacións profesionais do agro galego pasan pola esixencia de igualdade en relación coas regras de xogo nos mercados para todos os agricultores e gandeiros, de forma que nos tratados internacionais con terceiros países se inclúan cláusulas espello que garantan ese mesmo trato para todos os produtos; ademais de urxir a modificación da Lei da cadea alimentaria para que se cumpra dun xeito efectivo, introducindo mecanismos como os deseñados por Galicia -Contacarne e Contaláctea-, e traballar en coordinación coas CCAA  para que os prezos que perciben os produtores cubran os seus custos, máis a marxe de beneficio correspondente.

O goberno autonómico galego tamén plantexa outros elementos estratéxicos para o futuro do rural -como unha fiscalidade favorable-, apelando ao Goberno na necesidade de que sitúe ao sector agrogandeiro no centro das súas políticas, asumindo o carácter de potencia agroalimentaria de España tanto nas políticas estatais como a nivel comunitaria, reclamando en Bruxelas unha moratoria urxente e temporal das medidas europeas que están a afogar hoxe aos agricultores e gandeiros, co obxectivo de realizar unha reflexión estratéxica sobre o futuro do sector que desemboque no redeseño das políticas cuestionadas, favorecendo unha introdución gradual no territorio. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22938 {"title":"A Xunta coordina coas organizacións profesionais agrarias as reclamacións da fronte común para reclamar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega","published_date":"2024-03-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662113\/240311_Conse_reunion_orgs_agrarias.jpg","id":"22938"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-11/22938-xunta-coordina-coas-organizacions-profesionais-agrarias-as-reclamacions-da-fronte-comun-reclamar-unha-maior-flexibilidade-na-pac-e-sua-adaptacion-realidade-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.