A Xunta recibe 9 ofertas para a execución das obras da 1ª fase do saneamento na parroquia de Monteagudo, en Arteixo, cun investimento de 545.000 euros

  • Trátase de dotar de servizo de saneamento á totalidade das vivendas de Monteagudo, conectándoas coa rede existente
  • As intervencións reforzarán o sistema de saneamento nos núcleos de Monteagudo, O Coto, Vilela, A Rocha, A Perillona, A Ibia, O Freixal, A Casanova e Ramilo
  • As obras enmárcanse no convenio de colaboración polo que a Xunta financiará o 80% dos traballos, coa achega de 436.000 €, e o Concello o 20% restante, con 109.000 €
  • O Goberno galego segue prestando apoio técnico e financeiro aos concellos nas súas responsabilidades municipais de saneamento e depuración

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de recibir 9 ofertas de empresas para executar as obras da primeira fase do saneamento na parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo, que suporán un investimento conxunto de 545.000 euros.

Esta actuación, licitada por máis de 463.000 euros, ten como obxectivo dotar de servizo de saneamento á totalidade das vivendas da parroquia de Monteagudo, enlazando coa rede existente.

As obras obxecto deste contrato céntrase na execución dunha rede de ramais de saneamento que conecte as augas residuais das vivendas non conectadas actualmente á rede municipal.

Na intervención prevese dar servizo tamén ás vivendas situadas na parte alta do núcleo mediante a execución dun novo colector que se conecte coa rede existente, substituíndo o actual, que presenta problemas de cotas.

No núcleo do Coto conectarase a rede de colectores coa rede existente.

En Vilela, A Rocha, A Perillona e A Ibia, executaranse ramais que dotarán de conexión o bombeo existente na área recreativa dos Barreiros. Existe un cruzamento co rego das Ibias, que precisará da execución dun bombeo previo para salvar o cruce.

No núcleo do Freixal acometerase un ramal que conectará coa rede existente por gravidade.

Finalmente, nos núcleos da Casanova e Ramilo, prevense dous ramais de colectores por gravidade que confluirán no punto baixo onde se proxecta un bombeo que o conectará coa rede existente.

Estes traballos enmárcanse no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo, cun orzamento de 545.000 euros. A Xunta achega o 80% do investimento, 436.000 euros; e o Concello financiará o 20% restante, 109.000 euros.

A execución dos traballos será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020.

O Goberno galego mantén o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que estes poidan prestar de xeito eficaz as súas responsabilidades nos servizos municipais de saneamento, depuración e abastecemento e  continuar mellorando a calidade de vida da poboación no rural.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22933 galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-11/22933-xunta-recibe-9-ofertas-execucion-das-obras-da-1-fase-do-saneamento-na-parroquia-monteagudo-arteixo-cun-investimento-545-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.