A Xunta aumenta un 10% as axudas para que as ANPAS de educación especial financien as súas actividades

Imagen del artículo A Xunta aumenta un 10% as axudas para que as ANPAS de educación especial financien as súas actividades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Educación dota  con 66.000€ esta liña que sufraga tamén gastos de xestión, administración, adquisición de material e mantemento das súas instalacións
  •  

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2024

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilita unha partida de 66.298€, un 10% máis que o ano pasado, a esta liña que ten como obxectivo contribuír ao financiamento destas entidades. 

As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Solicitudes ata o 4 de abril

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 4 de abril para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22916 {"title":"A Xunta aumenta un 10% as axudas para que as ANPAS de educación especial financien as súas actividades","published_date":"2024-03-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661591\/201030+primaria+02a.jpg","id":"22916"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-10/22916-xunta-aumenta-10-as-axudas-as-anpas-educacion-especial-financien-as-suas-actividades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.